SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME

O martes, 14 de xuño, todos os alumnos de primaria, acompañados polos seus mestres, achegáronse ata o concello da Capela.


As actividades comezaron cunha visita guiada ao Museo Etnográfico, para posteriormente baixar ao mosteiro de Caaveiro adentrándose nas fragas pola ruta do Pazo.


Despois de repoñer forzas, o regreso acometeuse pola ruta da Ventureira, podendo desfrutar dos magníficos exemplares de especies arbóreas que alí hai.


Algunhas imaxes desta saída están aquí.


ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

En xaneiro de 2010 a ONU declarou o 2011 como o Ano Internacional das Florestas. O Concello convidou a responsables da Asociación Forestal de Galicia para que presentasen aos alumnos proxectos de conservación e aproveitameinto sustentable dos bosques.


Ao noso colexio achegouse Enrique García Martínez, enxeñeiro de montes e erudito no tema, que aportou aos alumnos moitos coñecementos, moi ben explicados e adaptados á súa idade.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 



 


Este ano a RAG elixiu ao poeta monfortino Lois Pereiro para homenaxealo a el e ás letras galegas.


No colexio estudamos a súa obra e tamén fixemos un festival para ensalzar a cultura galega.


Se queres ver algunhas imaxes deste día, preme

aquí.

EASTER

Na clase de inglés tamén celebramos a Pascua (Easter).

Fixemos "cards", e aquí amosámosvos algunhas.

DÍA DO LIBRO


 


O 15 de abril celebramos no colexio o Día do Libro.


Empezamos cunha lectura continuada de El Quijote; despois, todos os alumnos asinamos no libro de firmas.


Outras actividades que fixemos para conmemorar esta data foron murais e marcapáxinas alusivos ao tema. Os nenos de infantil e primeiro ciclo  elaboraron un libro versionado de A ratiña presumida. Un alumno de 6º presentounos o libro titulado Contos das Pontes 2, no que el participa cun relato breve.


Rematamos con diversas representacións teatralizadas e coa lectura de poesías que algúns alumnos escribiron con motivo deste día.


Aquí tedes algunhas fotos.

Viaxe a Manzaneda

Este ano voltamos de novo a Cabeza de Manzaneda dentro do programa  "Coñece Manzaneda Verde 2011".


Montamos a cabalo, en karts, escalada, orientación, sendeirismo, tiro con arco, béisbol, piscina, subimos a desfrutar coa neve. Foron unhas xornadas para concienciarnos e aprender a valorar a natureza. Tamén tivemos tempo para desfrutar cos compañeiros facendo xogos e na disco.


Se queres ver algún destes momentos preme aquí.


 

Libre interpretación dun cadro de Van Gogh

Día Mundial do Autismo

Con motivo da conmemoración do "Día Mundial do Autismo" o 2 de abril, nós, dende o CEIP Santa María, quixemos participar na xornada organizada o pasado 31 de marzo polo centro ASPANAES, no pavillón municipal.


Os nenos de 6º de primaria asistiron a unha sesión con alumnos deste centro, onde compartiron xogos tan comúns como birlos, baloncesto, carreiras...entre outros.


Como non podía ser doutro xeito, ao remate todos tiveron recompensa.


Se queres ver os mellores momentos desta emotiva xornada, preme aquí. 



 


SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebrouse no colexio a Semana da Prensa.


O tema elixido para traballar cos xornais foi "Palabras da prensa que nos gustan a nós".


Pódense ver os nosos traballos premendo aquí.


 




ENTROIDO



 


O venres, día 4 de marzo, tivemos a festa do Entroido no colexio.


Este ano, o centro de interese foron "as fragas", polo que cada ciclo representou co seu disfrace un elemento delas: os ríos, os acivros, os carballos, os castiñeiros, os felgos, os coellos, os raposos... Elaborámolos nas clases con bolsas e cartolinas, desfilando despois polas rúas próximas. Tamén cantamos na nosa praza a murga titulada "Entroido fragueiro", na que abordamos a defensa e a protección das nosas fragas e da natureza en xeral, cunha parcarta alusiva ao tema.


Se queres ver algunhas fotos deste día, preme aquí.
Distribuir contido