VIAXE Á CORUÑA
Enviado por Anónimo o Xov, 06/27/2013 - 11:23A viaxe fin de curso levounos este ano ata a cidade da Coruña onde realizamos tres interesantes visitas.
Primeiro tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do xornal La Voz de Galicia e parte das de V Televisión. Entendemos algo máis sobre o funcionamento dunha rotativa e sentímonos presentadores e técnicos de televisión por un día.
Despois achegámonos ata o MUNCYT, onde todo nos pareceu fascinante porque coñecemos diferentes descubrimentos científicos e tecnolóxicos producidos ao longo da historia. Divertímonos moito como pasaxeiros na cabina dun avión e coa charla animada que mantiñan dous simpáticos robots.
Finalmente, subimos ao parque de San Pedro onde pasamos un rato moi agradable.
Para ver algunhas instantáneas destes días, pulsa aquí.
LETRAS GALEGAS 2013
Enviado por Anónimo o Mar, 06/11/2013 - 07:46Estudouse a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano, dun xeito globalizado e multidisciplinar.
Traballouse unha unidade didáctica sobre o autor, ambientouse o colexio ás entradas e saídas con música popular galega, fixéronse actividades interactivas nas clases de informática, houbo unha animación á lectura sobre unha obra de teatro do autor, lecturas dramatizadas..., culminando todo isto coa realización dun festival no cine Alovi.
A festa das nosas letras tivo cantigas, contos, teatro, poesía, música e baile, reservando tamén un espazo para recordar a figura de Rosalía de Castro e do seu libro Cantares Gallegos, por cumprirse 150 anos da súa publicación.
Aquí tedes algunhas fotos por se queredes botarlles unha ollada a diversos momentos do festival.
DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 04/30/2013 - 14:09
O Día Internacional do Libro foi este ano un pouco especial porque tivo lugar a inauguración da nosa biblioteca, que foi totalmente reacondicionada. Tampouco esquecemos levar a cabo actividades variadas que realizamos con ilusión.
Preme aquí para ver máis imaxes deste día.
VIAXE A MANZANEDA
Enviado por Anónimo o Mar, 04/16/2013 - 15:03
De novo voltamos a Cabeza de Manzaneda. Aínda que este ano non nos acompañou o tempo, si que desfrutamos da natureza.
Fixemos actividades moi variadas: béisbol, tiro con arco, sendeirismo, xogos diversos e, o máis divertido, tivemos o pracer de gozar coa neve e mesmo bailamos na discoteca.
Se queres ver algunha imaxe do ben que o pasamos, preme aquí.
UNHA VIAXE AO PASADO: O CULTIVO DO LIÑO
Enviado por Anónimo o Ven, 03/01/2013 - 10:13
Os alumnos do último ciclo asistimos o pasado venres a unha interesante viaxe a través do tempo para coñecer a importancia que tivo no noso país o cultivo do liño. Tamén nos foi explicado todo o proceso de tratamento posterior ata chegar á confección dunha peza de roupa.
Os útiles empregados chamáronnos moito a atención e mesmo recoñecimos algúns deles por telos visto nas casas dos nosos avós.
Para recordar este día, temos unhas imaxes que podedes ver aquí.
ENTROIDO NO COLEXIO
Enviado por Anónimo o Lun, 02/18/2013 - 12:52
O pasado venres 8 de febreiro celebramos a festa do Entroido.
Este ano, seguindo coa nosa tradición de disfrazarnos todos do mesmo xeito, decidimos que o noso disfrace fose de pintores.
Se queres vernos, preme aquí.
RECICLAR É LABOR DE TODOS
Enviado por Anónimo o Mar, 02/05/2013 - 16:17O día 4 de febreiro tivo lugar no noso centro unha charla co obxectivo de explicar de forma sinxela como se debe facer a separación dos residuos domésticos, utilizando os colectores axeitados en cada caso.
Fíxose especial fincapé na alta proporción de impropios e nas dificultades que se xeran na reciclaxe cando a selección do lixo non é a correcta.
Podes recordar este día vendo outras imaxes.
DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Mar, 02/05/2013 - 16:00O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Ao longo da semana preparamos actividades para ir dando ambiente ao colexio con murais, árbores da paz, mensaxes, cancións, poemas, mans brancas, lecturas axeitadas, pombas...
A idea elixida para reflexionar sobre a importancia da paz no noso día a día foi DESEXO CON ESTA POMBA DA PAZ... Cada neno escribiu nas ás da súa pomba unha mensaxe positiva que despois regalou a un compañeiro.
Para ver distintas instantáneas deste día, preme aquí.
Nadal
Enviado por Anónimo o Mar, 01/08/2013 - 17:03O pasado 21 de decembro celebramos, como todos os anos, o noso tradicional FESTIVAL DE NADAL.
Puxemos nel toda a nosa ilusión e esperamos que desfrutásedes del tanto coma nós.
Para ver fotografías destas datas, preme aquí.
FEIRA DOS FUNGOS E COGOMELOS
Enviado por Anónimo o Mér, 11/14/2012 - 11:34
O pasado 4 de novembro celebrouse na nosa localidade unha nova edición da xa tradicional Feira de Fungos e Cogomelos.
Ademais doutras actividades relacionadas co tema, os alumnos de todos os cursos realizamos traballos para presentar ao concurso do MUNDO DA MICOLOXÍA, no que resultamos moi premiados, tanto en categoría individual como colectiva.
Aquí podedes ver algún dos traballos que presentamos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- seguinte ›
- última »