XOGOS ARTE

ATRÉVESTE A PARTICIPAR NESTE XOGO SOBRE ARTE?

PINCHA AQUÍ E PON A PROBA TODO O APRENDIDO!

https://view.genial.ly/5c94d6a268711f76b99fa84f

Risa 

PROGRAMA DE CONSUMO DE LEITE FRESCO NA ESCOLA

O vindeiro luns 11 de marzo comezaremos, no CEIPP Santa María, a desenrolar o Plan de Consumo de Leite Fresco nas Escolas, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). O Programa ten unha duración de 20 días.

 

DÍA DE ROSALÍA 2019

O día 24 de febreiro celebrouse o 182º aniversario de Rosalía de Castro.

No noso centro celebrámolo o venres 22 onde tivemos un día fermoso con moitas actividades. Por unha banda, durante a semana decoramos os corredores con unha Rosalía ao máis estilo Andy Warhol seguindo a liña do PDI da Biblioteca "Lili-arte" e co proxecto "EscolARTE". O alumnado de 6º e 4º de Educación Primaria pintaron a porta da entrada.... pásade a vela porque vale a pena!

Por outra banda, seguimos como cada ano o manifesto proposto por EDLG que este ano leva por lema "Cantar hei" e o hastag #LibreOMeuPensamento. O alumnado de todo o centro elaborou as súas coroas en relación ao mesmo e deseñaron unha pancarta relacionada con liberARTE. Ata nos acompañaron os nenos e nenas de ASPANAES.

Preme na imaxe para acceder á nosa galería de fotos

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019/2020

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de praza para o vindeiro curso. O trámite tamén se pode realizar a través da aplicación admisionalumnado.

 


 

VEN AO NOSO COLE

PROGRAMA ALMORZOS NO COLE

Dende o mes de xaneiro o noso centro forma parte do Programa Almorzos no Cole, xestionado pola ANPA. O horario é de 7:30 á 9:00.

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO (IES MONCHO VALCARCE) PARA O CURSO 2018/2019

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS/TITORES DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE ED. PRIMARIA

 

            Segundo consta na ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG nº22,  1 de febreiro de 2017) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, informámoslles do seguinte:

 

·     

Desde o 1 de febreiro  ata o 15 do mesmo mes, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no Centro ao que estamos adscritos, IES Moncho Valcarce (A circunstancia de estar este centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión).

·   Dito alumnado terá que presentar no noso Centro a solicitude debidamente cumprimentada. (Anexo I da Orde 25 de xaneiro de 2017). A solicitude tamén se pode cubrir na aplicación

·      A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. A presentación da solicitude noutro centro dará lugar á pérdida de prioridade.

·   Se prefiren que os seus fillos/fillas continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao periodo ordinario (1 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (Anexo II da orde do 25 de xaneiro de 2017).

 ·      O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES a finais de xuño.

DÍA DA PAZ 2019

Este ano, as distintas actividades programadas estiveron relacionadas co PDI da Biblioteca “Lili-arte” e xiraron en torno á figura do pintor Pablo Picasso. O lema elixido para este ano foi “Se no teu mundo non hai paz, píntaa!”. Con esta conmemoración quixemos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como a solidariedade, a igualdade e a tolerancia. Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.

 

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS 1º TRIMESTRE 2018/2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS SAMAGOSTEEN
DÍA DO PEÓN DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NADAL

INICIO DO CURSO 2018/2019

O mércores día 12 de setembro dará comezo un novo curso escolar. O horario será de 9.00 a 14.00.

 

Distribuir contido