REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS)
Enviado por Anónimo o Mér, 09/04/2019 - 12:34
O venres 6 de setembro ás 11. 00 horas terá lugar, na Biblioteca do centro, a reunión de inicio de curso coas familias do alumnado de 4º EI (3 anos). O titor informará dos aspectos e cuestións máis relevantes neste comezo de curso e resolverá calquera dúbida que teñades.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020
Enviado por Anónimo o Ven, 07/05/2019 - 09:24No seguinte enlace pódese consultar a listaxe definitiva de admitidos e admitidas no fondo solidario de libros de texto 2019/2020.
CHORIMA 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 07/02/2019 - 11:27FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/2020
Enviado por Anónimo o Sáb, 06/15/2019 - 10:24O prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2019. A documentación a presentar será a seguinte:
- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.
- Certificado de empadroamento
- 4 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.
LILIARTE - OS NOSOS PINTORES
Enviado por Anónimo o Mér, 05/29/2019 - 17:56LILIARTE
Enviado por Anónimo o Mér, 05/29/2019 - 17:31
LILIARTE é o PDI que estamos desenrolando este ano no noso centro. O obxectivo fundamental deste proxecto é que os nosos alumnos e alumnas se acheguen a ARTE dun xeito lúdico e motivador. Lili a nosa mascota propuxo distintas actividades ao longo do curso:
- "Breves pinceladas da historia da pintura": No primeiro trimestre, o Equipo da Biblioteca elaborou, a modo de resumo, un libro de fichas cos principais movementos pictóricos.
- "O noso pintor": Durante o segundo e parte do terceiro trimestre, cada clase escolleu a un pintor e traballou a súa obra. Os resultados pódense ver no gran Museo LILIARTE, creado nos corredores do noso centro.
- "Coñecendo a pintores galegos": Aproveitando a celebración das Letras Galegas, o noso alumnado reproduciu as obras de grandes pintores da nosa terra.
ESCOLARTE
Enviado por Anónimo o Mér, 05/29/2019 - 16:53Como xa sabedes este ano estamos participando en ESCOLARTE, un proxecto no que participamos os tres colexios de primaria de As Pontes. A arte é o eixo fundamental deste proxecto, cuxo obxectivo fundamental é potenciar e fomentar o uso da nosa lingua. O proxecto consta de tres partes:
- SocializARTE: Consiste en intercambios comunicativos entre os diferentes coles. E-mail, carta, vídeo..., calquer formato é válido para conseguir que o noso alumnado se comunique na nosa lingua.
- CulturizaARTE: Nesta fase invitamos aos centros a que compartan o seu traballo sobre a ARTE mediante visitas presenciais ou audiovisuais.
- LembrARTE: A última parte será unha gran Xornada de Convivencia dos tres colexios no lago da localidade. Toda a Comunidade Educativa dos tres centros e de ASPANAES participará o vindeiro 21 de xuño nesta gran "festa" que suporá o broche final a un proxecto que contamos se volva a repetir no futuro.
Aquí vos deixamos o link ao blog que se creou para este proxecto. Esperamos que vos guste. Preme na foto para acceder ao blog.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/25/2019 - 07:44O pasado 16 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas. A celebración foi un homenaxe a Antonio Fraguas e á nosa lingua. Coa axuda de cancións, poesías, contos, bailes e obras de teatro celebramos esta importante data. Noraboa ao noso alumnado, que, coma sempre, fixo un gran traballo.
Ademais durante toda a semana nas aulas traballouse a figura do autor homenaxeado este ano.
Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARA A PARTICIPÀCIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 19/20
Enviado por Anónimo o Mar, 05/21/2019 - 14:42
No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20 (Código de procedemento ED330B).
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o venres 21 de xuño de 2019.
Preme na foto para obter máis información.
Para acceder á aplicación fondolibros, segue este enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »