LISTAXE DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por Anónimo o Xov, 06/15/2023 - 20:32Xa podedes consultar a listaxe de libros e matarial para o vindeiro curso.
Podedes velo pinchando na imaxe
Axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/20/2023 - 15:06No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
PRAZOS:
- Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.
DESTINATARIAS/OS:
-
Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.
-
Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.
-
Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
OPCIÓN RECOMENDADA: Solicitude electrónica en FONDOLIBROS: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
-
Formularios para solicitude no centro. Mediante os Anexo I e II .
-
Tramitación en Sede Electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-
Anexos I e II (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
-
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
-
Certificado ou volante de convivencia.
-
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
-
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
* Os membros computables que se opoñan a consulta dos datos solicitados, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos pertinentes.
Admisión alumnado
Enviado por Anónimo o Lun, 05/15/2023 - 08:43
A listaxe está publicada no taboleiro do centro.
Hoxe somos noticia!!!
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/13/2023 - 18:55Hoxe o noso centro sae na prensa. O xornal O Progreso publicou hoxe tanto na versión impresa como na dixital unha noticia sobre o noso centro.
Como podedes ler para o próximo curso 2023/2024 o noso centro contará con servicio de comedor.
Biblioteca creativa
Enviado por Anónimo o Xov, 04/27/2023 - 18:24O venres 21 todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutou na biblioteca da formación de Biblioteca Creativa na que participamos este curso. Ó longo da xornada coñeceron diferentes xogos educativos nos que poñían en marcha a súa capacidade lectora, matemática, axilidade...
Dentro duns días moitos desos xogos estarán na biblioteca para poder seguir xogando e aprendendo de xeito divertido.
Impresora 3D
Enviado por Anónimo o Xov, 04/27/2023 - 18:16ERASMUS + ESCOLAS DE PISTOIA (ITALIA)
Enviado por Anónimo o Ven, 03/24/2023 - 12:05No mes de marzo unha mestra do noso centro viaxou a Italia dentro do Proxecto Erasmus+ para coñecer o funcionamento e a metodoloxía de traballo das escolas de Pistoia (Italia), recoñecidas a nivel internacional pola calidade da súa intervención educativa na infancia.
2 de abril: Día Mundial do Autismo
Enviado por Anónimo o Ven, 03/24/2023 - 08:40O 2 de abril é o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. Durante a seguinte semana, do 27 ó 31 de marzo no centro traballaremos sobre os PICTOGRAMAS para que o alumnado coñeza o seu significado.
Se queredes coñecer un pouco máis sobre os pictogramas podedes ver o archivo adxunto abaixo.
PROCESO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
Enviado por Anónimo o Mar, 02/28/2023 - 08:35Estimadas familias:
Engadimos aquí abaixo toda a información relativa a admisión do alumnado. O prazo de presentación das solicitudes é do 1 ao 20 de marzo. É importante ler ben todos os documentos.
Se tedes dúbidas chamade aos seguintes números ou achegádevos ao centro.
- 881930070
- 881930071
Documentos e instrucións:
- Solicitude de admisión e información importante
- Normativa reguladora
- Prazos para levar a cabo o procedemento
- Postos escolares ofertados
As familias terán que cubrir o seguinte impreso:
- Solicitude de admisión (galego)
- Solicitude de admisión (castelán)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »