CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS
Enviado por Anónimo o Lun, 11/03/2014 - 17:18Outro ano máis participamos no deporte escolar e polo tanto na carreira que tivo lugar na Fraga; a proba de "Campo a través", na que todos os centros de Primaria do Concello estivemos presentes. Colaborou ademais o Concello e a asociación de Anpas Abrente.
O noso colexio obtivo, tanto a nivel individual como grupal, grandes resultados en todas as categorías; gañando tres das seis probas nas que participamos.
Se queres ver imaxes deste encontro premeaquí.
GUÍA DE LECTURA VERÁN 2014
Enviado por Anónimo o Mér, 06/25/2014 - 08:57Nos arquivos adxuntos podes consultar a guía de lectura para o verán.
LER PARA VIVIR
Enviado por Anónimo o Ven, 06/06/2014 - 08:00Este foi o lema para o mes no que traballamos especialmente a lectura con actividades diversas como Mercadillo de libros usados, visita dos escritores Marcos Calveiro e César Candelas, asistencia a unha obra de teatro, animacións á lectura, confección de murais e da Margarida do Día do Libro.
Podedes ver aquí algo do que fixemos
LETRAS GALEGAS
Enviado por Anónimo o Xov, 06/05/2014 - 11:11O autor homenaxeado este ano foi Xosé María Díaz Castro, o poeta dos Vilares (Guitiriz).
Fixeronse diversas actividades sobre a poesía, lingua e cultura galegas, ademais dun festival no Alovi no que participamos todos os alumnos do centro.
Aquí vai unha pequena mostra do noso traballo.
ENTROIDO
Enviado por Anónimo o Mar, 03/11/2014 - 10:05O pasado 28 de febreiro disfrazámonos de xardineiros para celebrar o entroido. Fixemos coreografías relacionadas co carnaval e a primavera; degustamos productos típicos e rematamos a festa coa queima do entroido.
Preme se queres ollar algunha imaxe da celebración.
DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Mar, 02/18/2014 - 09:01
O centro de interese deste ano foi o recoñecemento dos dous símbolos máis populares da paz.
Interpretamos todos xuntos a canción Campás pola paz. Outra actividade que levamos a cabo foi un contacontos solidario, no que colaboraron antigos alumnos deste centro que agora se atopan cursando estudos no IES Castro da Uz.
Se queres ver algunha imaxe deste día preme aquí.
VIAXE Á NEVE
Enviado por Anónimo o Lun, 02/17/2014 - 12:01Este ano voltamos de novo á neve cos outros colexios das Pontes.
Aproveitamos a viaxe para ir visitar o Museo de Minaría "MUMI".
Podes ollar aquí o ben que o pasamos.
CONCURSO "OS NOSOS PORTOS"
Enviado por Anónimo o Ven, 02/07/2014 - 12:28A Autoridade Portuaria de Ferrol convocou un corcurso de debuxo co lema Os nosos portos dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria. Nós participamos cuns preciosos debuxos, resultando gañador do segundo premio o do neno Xavier Gabeiras Formoso. Podedes ver algunhas das nosas obras se premedes aquí.
CONTO VIAXEIRO
Enviado por Anónimo o Mér, 01/29/2014 - 17:22O Concello das Pontes, a través do seu departamento de Normalización Lingüística, propúxonos aos centros de primaria da localidade unha actividade colaborativa que consistiu en elaborar un conto entre alumnos de diversos centros.
Ás nenas e nenos de 3º e 4º do colexio Santa María tocounos inaugurar as sesións de traballo, buscar o protagonista e poñerlle o nome.
Se queredes descubrir as aventuras que argallamos entre todos, premede aquí e poderedes visualizar o conto e o videoconto.
NADAL
Enviado por Anónimo o Mér, 01/15/2014 - 21:38
Chegou o Nadal e para celebralo fixemos distintas actividades: murais, postais con diversas técnicas, decoración invernal das ventás, adornos para a árbore da entrada principal...
Baixo o lema Un Nadal solidario, o noso festival contou con actuacións moi variadas.
Podes ollar aquí algunhas imaxes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »