AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR/CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Ven, 05/21/2021 - 10:00No DOG do día 20 de maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.
BENEFICIARIOS
Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:
a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.
c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria.
d) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, unicamente vale de material escolar. (Utilizarán libros dixitais e ordenador portátil dentro do Proxecto Edixgal.
PRAZO DE SOLICITUDE
Comeza o 21 de maio e remata o 22 de xuño
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.
De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00.
LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 05/14/2021 - 10:51ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022. LISTAXES DEFINITIVAS E INSTRUCCIÓNS
Enviado por Anónimo o Ven, 05/14/2021 - 08:22Finalizado o prazo de presentación de reclamaciones e non tendo que realizar ningunha modificación, informamos de que as listaxes provisionais pasan a ser as definitivas e polo tanto procedemos á publicación das mesmas no taboleiro físico do colexio, situado na entrada principal, para a súa consulta. Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.
INSTRUCCIÓNS:
Tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 21 e o 30 de xuño. A documentación a presentar será a seguinte:
- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.
- Certificado de empadroamento
- 4 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.
SOTAVENTO, QUE BEN O PASAMOS!
Enviado por Anónimo o Ven, 05/07/2021 - 09:32Estos días, tivemos a sorte de ter connosco tres monitores do parque eólico Sotavento que ensinaron ao alumnado de Infantil e Primaria, unha gran cantidade de cousas relacionadas co Proxecto de Ciencia no que estamos a traballar neste curso.
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 04/27/2021 - 11:59Todos os anos ao chegar estas datas, faciamos unha das nosas actividades preferidas: O APADRIÑAMENTO LECTOR. Este curso tivemos que realizalo de forma diferente ao non poder xuntarnos e ter que manter as aulas "burbulla": fixemos un apadriñamento virtual. Os alumnos e alumnas de 5.º de Primaria foron as madriñas e os padriños que lles leron, durante toda a semana do libro, a todo o alumnado do colexio, a través de Webex.
O propio Día do Libro, o 23 de abril, tivemos unha esperada visita: unha Contaciencia que nos sorprendeu con historias incribles.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Mar, 04/27/2021 - 11:23Dende o luns, 19 de abril pódense consultar as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 21/22 no taboleiro de anuncios do noso centro.
Todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que solicitou praza foi admitido.
Ás instruccións da Xefatura Territorial de Educación impiden a publicación das listaxes na web.
A publicación das listaxes definitivas será antes do 14 de maio.
DIGICRAFT NO TEU COLE
Enviado por Anónimo o Ven, 04/09/2021 - 12:09
O noso cole ven de ser seleccionado para o programa "Digicraft no teu cole", que ten por obxectivo desenvolver o talento dixital do alumnado de 5º e 6º de primaria.
Con este programa, o alumnado realizará experiencias de Intelixencia Artificial, dentro da asignatura, Informática, de libre configuración.
CAMPAMENTO URBÁN SEMANA SANTA 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 03/12/2021 - 10:51Faise pública por parte do Concello a convocatoria de inscrición ao "Campamento urbano de Semana Santa 2021". Pincha nos documentos para ler a información.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL
Enviado por Anónimo o Mér, 02/24/2021 - 22:12Benqueridas familias,
Este ano, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, non podemos realizar a tradicional xornada de portas abertas. Por este motivo preparamos con moita ilusión unha xornada de portas abertas virtual, para que poidades coñecer as instalacións e o funcionamento do noso colexio.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por Anónimo o Mér, 02/24/2021 - 11:48Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de praza para o vindeiro curso. O trámite pódese realizar presencial ou tamén a través da aplicación admisionalumnado
Podedes transmitirnos as vosas dúbidas a través do teléfono 881930071 ou a través do correo electrónico ceip.santamaria.aspontes@edu.xunta.gal
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »