No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
BENEFICIARIOS
Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:
a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.
c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria.
d) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, unicamente vale de material escolar. (Utilizarán libros dixitais e ordenador portátil dentro do Proxecto Edixgal).
PRAZO DE SOLICITUDE
Comeza o 19 de maio e remata o 22 de xuño
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.
De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00.
SOLICITUDE PARA DESCARGAR
Documentación a presentar
- Anexo I (deberá vir asidando polos dous proxenitores)
- Anexo II para comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás a persoa solicitante.
- Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, achegar a sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución do/a menor.