ENTROIDO 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

No CEIPP Santa María de As Pontes quixemos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con esta preciosa canción de Soraya Arnelas, interpretada en lingua de signos polo noso alumnado.

 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES MONCHO VALCARCE PARA O ALUMNADO DE 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 6.º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2021/2022 desexe cursar 1.º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro cubrindo o ANEXO I e entregándoo na secretaría do noso centro ou a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

FELICES FESTAS

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2020-2021

Xa sabemos que este Nadal é moi diferente, por iso o festival deste ano tamén o é. Fixémolo con moita ilusión para que a pesar da distancia todos e todas o poidamos desfrutar.

Esperamos que vos guste!

 

 

HORARIO RECOLLIDA MÁSCARAS

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listas definitivas do alumnado beneficiario de máscaras.

 

HORARIO DE RECOLLIDA

DÍAS 9, 10 E 11 DE DECEMBRO

CURSO                               DÍA                            HORA

1.º EP e 2.º EP                9/12/2020                 09:10 A 10:00

3.º EP e 4.º EP                10/12/2020               09:10 A 10:00

5.º EP e 6.º EP                11/12/2020               09:10 A 10:00

 

CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE MÁSCARAS

No DOG do venres 13 de novembro (http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/32481) a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas.

Resumimos a continuación a convocatoria:

O alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automáticamente.

Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.


Modelo de solicitude para descargar (acompañar fotocopia do libro de familia). https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13422747


Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio.


O luns 30 de novembro comunicarase ás familias a súa admisión na solicitude de máscaras a través de AbalarMóbilComezaremos o reparto de máscaras no mes de decembro. Informaremos do procedemento.

 

HORARIOS ESPELLO

De acordo co establecido na Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, de Plan de Continxencia ante peches publicamos os horarios espello que se seguirán en caso de actividade lectiva non presencial, se se pechase un aula ou o centro educativo pola pandemia que estamos a vivir.

O ensino levarase a cabo na aula virtual do noso centro e a través de videoconferencias coa plataforma Cisco Webex.

Para visualizalos clica nos enlaces correspondentes.

 

HORARIOS ESPELLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Sexto Educación Primaria

Quinto Educación Primaria

Cuarto Educación Primaria

Terceiro Educación Primaria

Segundo Educación Primaria

Primeiro Educación Primaria

 

HORARIOS ESPELLO EDUCACIÓN INFANTIL

Cuarto Educación Infantil

Quinto Educación Infantil

Sexto Educación Infantil

 

O Plan de Continxencia do noso centro queda actualizado incluíndo como anexo I os horarios mostrados.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ABRENTE

A Coordinadora de ANPAS ABRENTE vai ofertar para o curso 2020-2021 as actividades de Informática, Robótica, Mecanografía (en Ensino) e Tardes Creativas (local Abrente).

As inscricións repartiranse no local onde se impartirán as actividades, no email: abrentef@gmail.com ou no teléfono/WhatsApp: 611 066 560. 

Para calquera información podedes facelo a través de calquera destes medios.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19

O Plan de Adaptación á situación COVID 19 foi concebido como un documento flexible e aberto a modificacións. O 16 de outubro de 2020 foi actualizado para mellorar as condicións de acceso do alumnado. Pódese consultar premendo nos seguientes enlaces:

Plan de Adaptación á situación COVID 19

Plan de Acollida COVID 19 

Nesta táboa pódense consultar as franxas horarias establecidas para a entrada de cada curso e as portas empregadas.

 

Distribuir contido