OBRADOIRO PRODUCTOS LÁCTEOS
Enviado por Anónimo o Lun, 05/20/2019 - 07:33Como xa sabedes, o centro participa no Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite. Dentro deste programa, impartírase un obradoiro sobre Produtos Lácteos o vindeiro venres 24 de maio.
Alumnos, familias e profesorado deberán cubrir uns cuestionarios antes e despois da actividade. No caso das familias cubríranse online no seguintes enlaces:
àCuestionario anterior á actividade:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe1llJ2ThuLkfPaUxN7qDda-M7mbHkOUrGCZlqLxkWnxPclGQ/viewform
àCuestionario posterior á actividade:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeRIcx5TWuixssqUYiXgqC9gHHxZ0wuNyTJpX0AAkH0QiGrKw/viewform
Grazas pola súa colaboración.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2019/2020
Enviado por Anónimo o Xov, 05/16/2019 - 19:57Nos seguintes archivo pódense consultar as LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 19/20.
O prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2019.
CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Anónimo o Xov, 05/16/2019 - 07:36Hoxe no noso centro celebramos o Día das Letras Galegas. Esperámosvos no cine Alovi a partir das dez e media.
No seguinte enlace veredes o programa!
DÍA DO LIBRO 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 05/14/2019 - 22:00A celebración do Día do Libro no noso centro tivo tres actividades principales. A primeira foi a entrega dos premios do Día da Poesía e de agasallos a todos os participantes. Tamén fixemos o Apadriñamento Lector que resoltou todo un éxito. Por último recibimos a visita de Érika González, cuxa animación foi, coma sempre, moi divertida.
Ademais, e baixo o lema "LER, VAICHE QUE NIN PINTADO", todo o alumnado fixo e decorou, dun xeito moi artístico, un mini-libro baseado no seu libro favorito. Con todos eles fixemos dúas fermosas árbores de primavera.
Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.
VACANTES DEFINITIVAS CURSO 2019/2020
Enviado por Anónimo o Lun, 05/13/2019 - 07:33No seguinte enlace pódense consultar as vacantes definitivas para o vindeiro curso 2019/2020.
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/11/2019 - 07:45O vindeiro luns 14 de maio ás 16:00 horas terá lugar unha reunión coas familias de 3º de Educación Primaria sobre a Avaliación Individualizada. Preme na foto para obter máis información.
A PRIMAVERA DAS LETRAS DE ANTÓN FRAGUAS
Enviado por Anónimo o Xov, 04/11/2019 - 11:47Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Antón Fraguas e como todos os anos a Primavera das Letras xa está en marcha. A Real Academia Galega abriu o pasado 28 de febreiro a nova edición do proxecto web que oferta materiais lúdicos e didácticos dispoñible nestas ligazóns:
https://academia.gal/primaveradasletras
https://academia.gal/letras-actual
http://www.seminariogalan.org/
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2019/2020
Enviado por Anónimo o Xov, 03/28/2019 - 11:23Nos seguintes enlaces pódense consultar as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2019/2020. O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
UN ENTROIDO MOI ARTÍSTICO
Enviado por Anónimo o Lun, 03/25/2019 - 23:00Seguindo coa temática do noso PDI anual, LILIARTE, este ano todo o alumnado se transfourmou en cadros do artista que están a traballar en cada clase. Así, Infantil fixo unha magnífica recreación do cadro de W. Kandinsky "Cadrados e círculos concéntricos". "A Noite Estrelada" de Van Gogh foi o cadro elixido por 1º e "O Galo" de Joan Miró foi a opción de 2º. Os alumnos de terceiro están traballando a obra de Paul Klee e o seu disfrace era unha reprodución de "Senecio". "As Meninas" de Velázquez que fixeron os alumnos e alumnas de cuarto quedaron preciosas. Piet Mondrian é o pintor elixido por quinto e os alumnos e as alumnas de sexto reproduciron distintos cadros de Romero Britto.
Preme na imaxe para ver máis fotos desta gran celebración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »