Samagosteen

O pasado 30 de outubro celebramos o Samagosteen. Como todos os anos a ANPA agasallounos con castañas e boliños preñados que estaban boísimos. Tamén fixemos xogos no patio, adornamos cabazas e ata tivemos "Teatro de Sombras" na biblioteca. Foi unha xornada na que gozamos moito! Aquí tedes unha pequena mostra.