Equipo Dinamización da Lingua Galega
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos agradecer, un ano máis, tanto ao alumnado como ás familias a vosa colaboración ao longo do curso nas diversas actividades que dende este equipo se levan a cabo.
Parécenos fundamental recordar un ano máis o obxectivo principal deste equipo que, non é outro que o de fomentar entre o alumnado o coñecemento e uso das dúas linguas cooficiais de Galicia, tendo en conta a realidade social e o contexto de globalización no que vivimos, que nos sitúa nun espazo internacional de plurilingüísmo.
Por último, presentarvos ás membras que o conforman neste curso 18/19, as cales estamos a vosa enteira dispoñibilidade:
- Dona Monstserrat Alén Álvarez.
- Dona Alba Paz Cabanas.
- Dona Ana María García Fernández.
- Dona Miriam Viveiro Casabella.
- Dona María Teba López-Leitón Zapico.
- Dona Clara Doce Blanco.
- Coordinadora: Dona Olalla Carballido Román.