DÍA DO LIBRO

Este ano o centro de interese das actividades para a conmemoración do día do libro foi o IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare.

Comezamos o día 21 con animacións á lectura para todos os cursos. Dende Infantil a 4º asistiron a un conto sobre os castelos centro de interese traballado este ano na biblioteca; e os de 5º e 6º tiveron " O romance de Don Gaiferos".

O día 22 fixeron lecturas do Quixote e de Romeo and Juliet e actividades nas aulas sobre os autores conmemorados.

Para ver imaxes dos mesmos preme aquí.