ENTROIDO
O pasado 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio, unha das festas coa que os alumnos e mestres máis desfrutan.
Este ano o disfrace elixido foi o de pallaso, que foi elaborado nas clases con bolsas de plástico e recortes de cores.
Cada curso preparou unha actuación baseada nas cancións dos coñecidos pallasos da tele, lembrando así unhas cancións infantís de sempre.
Despois das actuacións desfilamos ata o Concello e recollemos os freixós na freixoeira para degustalos no patio do colexio, xunto coas orellas doadas pola ANPA.
Como remate, queimamos o "entroido".
Resultou un día moi bonito no que todos pasamos a converternos en pallasos multicores.
Para ver outras imaxes desta celebración, pulsa aquí.