Viaxe ao Parque Natural das Dunas de Corrubedo

Enviado por Anónimo o Xov, 11/03/2011 - 15:38

O pasado 21 de outubro, os nenos de 5º e 6º de primaria visitamos o Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Alí recibimos unha ampla información das características deste peculiar ecosistema e desfrutamos da marabillosa paisaxe que tiñamos arredor.


Pola tarde, dirixímonos ao castro de Baroña. Neste lugar tratamos de imaxinar como era a vida dos seus poboadores a partir do que viamos e dos datos que tiñamos sobre a época.


Se queres ver máis imaxes deste día, preme aquí.