Skip to Content

Becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE)

Desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024 está aberto o prazo de solicitude das Becas para o alumnado con necesidade específicas de apoio educativo (NEAE) para o vindeiro curso 2024-2025

Aquelas familias que cumpran os requisitos e o desexen poderán realizar a solicitude online na ligazón que se amosa a continuación. 

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html


Para calquera dúbida consulten a información que se anexa na Resolución da Convocatoria ou na Información do Ministerio de Educación a través do seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla

 

 

Así mesmo o centro queda a súa disposición sempre que así o precisen.

Menú de comedor escolar: maio

BENVIDOS AO CEIP SAN ROQUE DARBO

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas para o vindeiro curso 2024-2025 foron admitidas. Pódense consultar as listas no taboleiro do edificio administrativo do centro. A matrícula deberá ser formalizada entre 20 e 30 de xuño.

Tecnoloxía con sentidiño

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Desenvolveranse  charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela, ou ben tamén  na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula.


Menú de comedor escolar: abril

CHARLA DE ACOMPAÑAMENTO E REFLEXIÓN NA XESTIÓN DE PANTALLAS

VACANTES CURSO 2024-2025

Distribuir contido


by Dr. Radut