Skip to Content

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias:

Queremos darvos a benvida ao novo curso escolar 24-25. Vémonos maña día mércores 11 de setembro a partir das 9:10 h. (entrada ás 9.25 h). Neste primeiro día, aqueles que o desexen, poderán acompañar aos seus fill@s ata o momento da entrada.

Os servizos de comedor e transporte escolar funcionarán desde o primeiro día no horario habitual.

Para calquera dúbida, contacten co centro.

En nome de todo o profesorado desexámoslles unha feliz volta ao cole.

 

PODEN CONSULTAR AQUÍ AS NORMAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E O DOCUMENTO INFORMATIVO PARA O CURSO 24-25.

Menú de comedor escolar: setembro

Libros de texto 2024-25

LISTAXES ADMITIDOS COMEDOR

Estimadas familias. Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido no servizo de comedor para o vindeiro curso 2024-2025. TODAS as solicitudes presentadas foron admitidas. Así mesmo informamos que xa está aberto o prazo para entregar na secretaría do centro o Anexo II: modelo de autodeclaración e especificacións necesario para fixar a contía a pagar polo servizo de comedor. Podedes entregar este Anexo ata o día 10 de xullo ou ben entre o 2 e o 6 de setembro de 2024.

Para cubrir esta autodeclaración podedes axudarvos da aplicación da Xunta que atopades no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Recordade que é requisito IMPRESCINDIBLE estar ao corrente no pago dos recibos do curso 2023-2024, xa que de non ser así perderase o dereito a praza de comedor.

Menú de comedor escolar: xuño

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Estimadas familias. Recordarvos que o prazo para formalizar a matrícula do alumnado con reserva de praza para o curso 2024-2025 estará aberto entre os días 20 E 30 DE XUÑO, ambos incluídos.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

 

    Impreso de matrícula (Anexo III).

 

    Dúas fotografías tamaño carné.

 

    Certificado médico que acredite ausencia de enfermidade e estar ao día no calendario de vacinacións.

 

    Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponde ao alumno/a.

 

    No caso de separación ou divorcio posterior á solicitude de admisión copia da senteza ou convenio regulador.

Encontro de compañías Lóva de Galicia

O venres 31 de maio, o alumnado de 6º curso asistirá ao Encontro de compañías Lova de Galicia, que terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Clica sobre a imaxe para consultar o programa de actividades.

 

AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

 

(Código procedemento ED330B)

 

Está aberto o prazo desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 (inclusive) para solicitar:

 

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO. Os/As alumnos/as de 5º e 6º de E. Primaria participan no Proxecto Edixgal, polo que quedan excluídos do fondo solidario ao empregar material dixital.

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

 

Forma de presentación:

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telematicamente a través da aplicación Fondo solidarioempregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

 

IMPORTANTE: Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024

Podedes descargar aquí os Anexos I e II

Non esquezades cubrir e asinar as dúas táboas do Anexo II (son táboas diferentes).

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 954.

Máis información:

  • ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Enlace

  • Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

 

 

 

 

SOLICITUDE COMEDOR/TRANSPORTE CURSO 2024-25

Estimadas familias. O prazo para solicitar os servizos complementarios de comedor e transporte para o vindeiro curso 2024-2025 estará aberto entre os días 20 e o 31 de maio de 2024, ambos incluídos. O alumnado que xa foi usuario durante o presente curso dalgún destes servizos levará a documentación na súa mochila para a renovación dos mesmos de cara ao próximo curso.

 

Para as novas altas deberanse recoller as solicitudes na secretaría do colexio ou ben descargalas a través dos seguintes enlaces.

 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición. Un saúdo. O equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut