Skip to Content

Articles

RECOLLIDA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Os cheques para adquirir libros de texto e material escolar serán recollidos en horario de 10:00h a 12:00h nas seguintes datas:

-1º ED. PRIMARIA: XOVES 3 DE SETEMBRO

-2º ED. PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO

-3º ED. PRIMARIA: LUNS 7 DE SETEMBRO

-4º ED. PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO

-5º ED. PRIMARIA: MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

-6º ED. PRIMARIA: XOVES 10 DE SETEMBRO

O VENRES 11 DE SETEMBRO entregaranse os cheques ás familias que non puideron acudir na data establecida.

Á recollida unicamente poderá vir UN MEMBRO da familia.

As familias que teñan fillos/as en distintos cursos de primaria poden recoller os cheques de maneira conxunta nun dos días establecidos para os cursos onde están matriculados os mesmos.

NON SE ENTREGARÁN CHEQUES FÓRA DE HORARIO.

 

Grazas pola vosa comprensión. 

Secretaría CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo

CORTE DE SERVIZOS NA REDE TELEFÓNICA

Estimadas familias:

Por mor das obras que se están a realizar na rede elétrica do centro escolar, informamos que existen cortes de luz que afectan  ao corte de servizos na rede telefónica. Por este motivo, é probable que se chaman por teléfono non poidan ser atendidos, polo que, se precisan facer alguna consulta, non dubiden en pasar polo colexio en horario de 10:00 h a 13:30 h.

Moitas grazas e disculpen as molestias.

O Equipo Directivo.

LISTAXES DEFINITIVAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Hoxe,14 de xullo do 2020, publicáronse as listaxes definitivas das axudas de libros de 1º e 2º E.P., do fondo libros de 3º e 4º E.P. e as axudas do material escolar dende 1º ata 6º de E.P.

Poden velas na porta exterior do edificio administrativo do centro.

Lembren que os vales de libros de 1º e 2º E.P. e os vales de material de todos os cursos entregaránselles a partires do 3 de setembro do ano en curso. 

 

Solicitude de comedor escolar

Infórmase que está aberto o prazo para a solicitude de comedor escolar. 

Poden descargar aquí a solicitude. Teñen de prazo para entregala no colexio ata o 3 de xullo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMISIÓN ADMITIDAS CURSO 2020/21

Publicadas, con data 19 de xuño de 2020,  as listaxes definitivas de alumnado admitido nas etapas de educación Infantil e Primaria para o curso 2020/21.

As listaxes atópanse no taboleiro interior do edificio administrativo do centro para quen as queira ver. Única e exclusivamente de forma presencial.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación.

 

 

Calendario para a recollida de material

Estimadas familias:

Lembramos que na vindeira semana procederase á recollida de material segundo o calendario establecido. 

Por mor da emerxencia sanitaria, é recomendable que sexa un so representante da unidade familiar o que acuda ao centro.

Grazas pola vosa colaboración.

Listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-21

INFORMACIÓN RESERVA PRAZA ALUMNADO NOVO CURSO 2020/21
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.
 
Estimadas familias:

Con data 1 de xuño de 2020 saiu publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/21.
As listaxes co alumnado están publicadas no taboleiro situado no interior do edificio administrativo do centro.


ANTICIPÁMOSVOS QUE TODO O ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2020/21, TANTO EN EDUCACIÓN INFANTIL COMA EN EDUCACIÓN PRIMARIA, NESTE CENTRO, RESULTOU ADMITIDO.

Lembrade que as listaxes definitivas publicaranse antes do 25 de xuño.

Bono coidado

A Xunta de Galicia acaba de publicar o programa Bono Coidado para as familias con fillos menores de 3 anos con problemas de conciliación familiar e laboral.

Os requisitos e a tramitación explícanse na seguinte ligazón:

Instrucións axudas libros e material Curso 2020-21

INSTRUCIÓNS AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2020-21

Consulte a seguinte documentación:

- Cartel Axudas para material

- Orde do 12 de maio de 2020

- Resumo das instrucións do fondo de libros

- Anexos I y II

- Cartel listaxes provisional e definitiva



by Dr. Radut