Skip to Content

Articles

Tecnoloxía con sentidiño

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Desenvolveranse  charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela, ou ben tamén  na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula.


VACANTES CURSO 2024-2025

TRÍPTICO ADMISIÓN 24-25

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

BENVIDOS AO CEIP SAN ROQUE DE DARBO

 Clica sobre a imaxe :  

 

 

Programa de consumo de froita e leite nas escolas - FOGGA

 

Programa de froita e leite no recreo, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo Fogga (Fondo galego de garantía agraria).

 

 

Reserva de praza no IES Monte Carrasco

Hoxe luns 15 de xaneiro, da comezo o procedemento de reserva de praza no centro adscrito (IES Monte Carrasco) para o alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Consulten o Programa de Actividades do Plan de transición:

 

FELICES FESTAS

 O EQUIPO DE PROFESORADO DO CEIP SAN ROQUE DARBO DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO NOVO!!!!

Desde o departamento de plurilinguismo estivemos a traballar en conxunto nas clases de inglés e música para ofrecervos estes Christmas Carols. Estas panxoliñas están feitas por todo o alumnado do cole (Infantil acompaña na percusión e primeiro ciclo canta “Jingle Bells”. Segundo ciclo canta “All I want for Christmas is you” e terceiro ciclo “Santa Claus is coming to town”. Agardamos que o disfrutedes e vos acompañe nas celebracións que veñen.

CLICA SOBRE A IMAXE:

FESTA DE NADAL

O xoves 21 de decembro celebramos a festa de Nadal que pon fin a este 1º trimestre. Ese día, a partir das 12.30 horas, faremos un bingo solidario a favor do comedor social. Dende a organización infórmannos de que precisan sobre todo leite e produtos navideños (pero tamén valen outros alimentos non perecedeiros). Solicitamos unha vez máis o esforzo da comunidade educativa para solidarizarnos con máis necesitados. Por cada alimento donado se entregará un cartón para o bingo.

Os alimentos empezaranse a recoller a partir do luns, ata o xoves, día da celebración.

Animade aos vosos fillos a que veñan elegantemente vestidos.

Estades tod@s invitad@s a participar con nós neste celebración.

 

A partir das 9.30 horas: (So para alumnado)

- Recepción cos Reis Magos (Organizado pola ANPA)

 

A partir das 12.30 horas: (Para toda a comunidade educativa)

- Bingo solidario

- Badaladas fin de trimestre.

- Baile 

O Centro estará aberto ás familias a partir das 12.30 horas.

FELICES FESTAS!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LEITE: 1 LITRO DE OPORTUNIDADES

O colexio de San Roque quere colaborar co Comedor Social de Cangas coa campaña

"1 LITRO DE OPORTUNIDADES: SI TE SOBRA UN LITRO, ¡DÓNALO!".

Solicitamos a colaboración de toda a comunidade educativa aportando un litro de leite: enteira, desnatada,semidesnatada, sin lactosa, de soja, de arroz ... Calquera tipo de leite que consumas vale para este acto solidario.

Participa. Envía un litro de leite ao colexio a partires do vindeiro luns 27 de novembro.



by Dr. Radut