Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
PROTOCOLO COVID
Achegamos o protocolo do noso centro así coma o link ás instrucións emitidas pola consellería de Educación
Correos mestres
ACHEGAMOS A LISTA DOS CORREOS DOS MESTRES
LEMBRADE QUE PARA CUESTIÓNS DE COMEDOR O MELLOR É QUE CONTACTEDES DIRECTAMENTE CON TERESA
INCORPORACIÓN AO CENTRO E REUNIÓN COAS FAMILIAS
INCORPORACIÓN DO ALUMNADO AO CENTRO
ACHEGAMOS O CADRO DE REUNIÓNS
Estas reunións terán lugar no patio cuberto do colexio baixo as seguintes normas de seguridade:
-
Un único asistente por alumno/a.
-
Distancia de seguridade.
-
Obrigatorio o uso de máscara entre os asistentes.
-
Despois acudirán ás aulas cos titores correspentes.
-
Nas aulas tamén deben manter as normas de seguridade.
-
Os que teñan que traer material traerano ese día e colocarano onde se lles indique.
NO DOCUMENTO ADXUNTO ACHEGAMOS O PLAN DE ACOLLIDA.
CAMBIOS NA INCORPORACIÓN DO ALUMNADO.
Bos días
Segundo as últimas instrucións da consellería este é a orde de incorporación de alumnado ao centro.
3 e 4 anos de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º incorporaranse o día 10
5 anos, 4º, 5º e 6º incorporaranse o día 11.
Achegamos a resolución en documento adxunto.
Por outra banda acaban de comunicarnos que Abegondo xa ten capacidade de reunión de máis de dez integrantes polo que retomamos as reunións coas familias.
Mañá publicaremos o horario das mesmas que se desenvolverán no patio cuberto mantendo as medidas de seguridade esixidas.
APROVEITAMOS TAMÉN PARA SOLICITAR A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA QUE SE ANOTEN COMO COIDADORES DE COMEDOR.
Moitas grazas.
INICIO DE CURSO. Información básica.
Estimadas familias.
Comeza un novo curso escolar, atípico e cargado de incertidume. A situación é incerta e cada día temos novas diferentes pero de seguro que coa axuda e colaboración de todos, sairemos adiante.
Achegamos un breve PDF no documento adxunto coa información básica para iniciar o curso escolar.
Mañá , día 1 de setembro, colgaremos o PLAN DE ACOLLIDA con información máis detallada.
Ao longo da semana achegaremos tamén o PROTOCOLO COVID que temos que revisar en base á última versión que se publicou esta mesma tarde.
Reunións : A nosa intención, e así o tiñamos plasmado no plan de acollida, era facer as reunións para todas as familias os días 3, 4 e 7 ao longo da mañá pero de momento, neste concello, non están permitidas as reunións de máis de dez persoas, polo tanto temos que esperar.
Permanecede atentos á páxina web porque se estas limitacións varían e permiten máis aforo seguiremos adiante con estas datas. De non ser posible buscaremos outra maneira.
Moitas grazas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »