Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
INICIO DE CURSO. Información básica.
Estimadas familias.
Comeza un novo curso escolar, atípico e cargado de incertidume. A situación é incerta e cada día temos novas diferentes pero de seguro que coa axuda e colaboración de todos, sairemos adiante.
Achegamos un breve PDF no documento adxunto coa información básica para iniciar o curso escolar.
Mañá , día 1 de setembro, colgaremos o PLAN DE ACOLLIDA con información máis detallada.
Ao longo da semana achegaremos tamén o PROTOCOLO COVID que temos que revisar en base á última versión que se publicou esta mesma tarde.
Reunións : A nosa intención, e así o tiñamos plasmado no plan de acollida, era facer as reunións para todas as familias os días 3, 4 e 7 ao longo da mañá pero de momento, neste concello, non están permitidas as reunións de máis de dez persoas, polo tanto temos que esperar.
Permanecede atentos á páxina web porque se estas limitacións varían e permiten máis aforo seguiremos adiante con estas datas. De non ser posible buscaremos outra maneira.
Moitas grazas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROTOCOLO ADAPTACIÓN aspectos básicos..pdf | 1.8 MB |