Eleccións
ACTA PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR
Unha vez finalizado o proceso para a elección de membros para a renovación parcial do Consello Escolar, a Xunta Electoral, dentro das súas funcións, fai a proclamación dos candidatos.
ACTA DE PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS
RELACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PRESENTADAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 8 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste centro fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1. CENDÁN VILLADÓNIGA, ANA BELÉN
2. SOUTO FREIRE, MARÍA FERNANDA
Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996) corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Un será nomeado pola ANPA. O outro representante de pais/nais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Neda, 22 de novembro de 2022
DOCUMENTOS DE INTERESE
Constituída a Xunta Electoral o día 8 de novembro de 2022, acordou:
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida académica de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e está integrada por:
- A directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 2 de novembro, ás 11:45 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.