Saltar navegación.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida académica de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e está integrada por:

          - A directora do Centro.

          - Un profesor ou profesora.

          - Un pai ou nai ou titor legal.

          - Un representante do persoal de administración e servizos.

         

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 2 de novembro, ás 11:45 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.