Saltar navegación.

2008/09

COUSAS DE ANANOS (Nº 2)

Ademais de sair publicado en papel a finais do mes de maio, xa podedes ver en formato dixital e a toda cor o segundo exemplar do xornal de educación infantil "Cousas de ananos". Preme na imaxe da portada e o verás.

 

 

 

 

 

VISITAS A SOTAVENTO E AO TREN DA LINGUA DO 1º CICLO

Os días 1 e 2 de xuño os alumnos e alumnas do 1º ciclo foron de excursión.O día 1 foron ao parque eólico experimental de Sotavento e o día 2 fixérono a Betanzos no tren da lingua. Abrindo a noticia eles mismos vos contan como foron as actividades

 

 

CROSS ESCOLAR "CONCELLO DE NEDA"

O 23 de maio celebrouse o XVI Cross escolar "Concello de Neda" no colexio Maciñeira. A pesar de que o tempo non axudou, e choveu durante toda a proba, a participación dos nen@s do colexio foi moi boa e os resultados tamén.

 

 O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLEXIO

O pasado xoves, 14 de maio, celebramos coma tódolos anos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión estivo dedicado a Ramón Piñeiro porque foi un home que defendeu a lingua e a cultura galegas. Despois do recreo tivemos o Festival e pasámolo moi, moi ben.

 

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

O día 17 de maio celébrase este día, que neste ano adícase á figura de Ramón Piñeiro López , escritor, editor, político e intelectual.

Tras a disolución do Partido Galeguista, asumiu o traballo cultural como eixo condutor do galeguismo, fundando a editorial Galaxia nos anos 50, en torno á que se mantivo a actividade cultural en galego, e intentou espallar o galeguismo entre todas as ideoloxías políticas na segunda metade do século.

MOSTRA DIDÁCTICA "FAUNA ALADA DE GALICIA"

O pasado luns 11 de maio a Obra Social Caixa Galicia inaugurou no Centro Cívico de Neda a exposición titulada "Fauna alada"; en días consecutivos tódolos rapaces e rapazas de Primaria do colexio pasarán a visitala

Preme aquí e poderás ver as FICHAS DIDÁCTICAS DA EXPOSICIÓN

CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLON ESCOLAR

Correr e pedalear en bicicleta, isto é o duatlon. O equipo do noso colexio participou o 26 de abril en Vedra no campionato provincial. O equipo feminino quedou campión. Abre a nova e verás mais información e tamén un vídeo resumo da proba.

 

RELACIÓN DE ALUMNOS ADMITIDOS

                (Curso 2009/10)

 

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS

O día 27 de febreiro plantamos no colexio tres árbores autóctonas e unha moreira. Participamos tódolos nenos e nenas do colexio. Agora, case rematando o mes de abril xa todos teñen moitas follas e medraron.Hemos de coidar tódalas árbores para que medren e estean sempre contentas e bonitas.

 

SAIDA A ALDEANOVA (2º Ciclo)

O pasado día 3 de Abril, os alumnos de terceiro e cuarto se achegaron a Sedes (Narón) para visitar Aldeanova; alí pasaron a mañá facendo obradoiros e xogos. Construíron instrumentos musicais, fixeron xogos tradicionais, ...

 

  EXCURSIÓN DE EDUC. INFANTIL Á GRANXA-ESCOLA BELELLE

O día 27 de marzo os nenos e nenas de educación infantil visitamos a granxa-escola Belelle.

 

 

  EXCURSIÓN Á FERVENZA DO BELELLE (1º Ciclo)

O pasado día 11 de marzo, os nenos de primeiro e segundo, viaxaron ata O Roxal para coñece-la fervenza do Belelle.