Saltar navegación.

CROSS ESCOLAR "CONCELLO DE NEDA"

   

O 23 de maio celebrouse o XVI Cross escolar "Concello de Neda" no colexio Maciñeira. A pesar de que o tempo non axudou, e choveu durante toda a proba, a participación dos nen@s do colexio foi moi boa e os resultados tamén.

Na clasificación de corredores do Concello de Neda os resultados foron: En alevín masculino, Kevin e Juan Antonio foron 2º e 3º, en alevín feminino, Sara foi a 1ª. En benxamín masculino José foi o 1º e Adrián Yáñez o 3º. En benxamín feminino (3º e 4º curso) non houbo participación de ningunha nena do noso colexio. En prebenxamín masculino Anxo e Antón foron 1º e 2º e en prebenxamín feminino Laura foi a 1ª.

Noraboa a todos (nen@s e pais) e gracias pola vosa participación e colaboración.

Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou premendo aquí