Saltar navegación.

DUATLON ESCOLAR 2009

 

  Despois de disputarse as probas previas clasificatorias en Ferrol e Santiago, o pasado domingo 26 de novembro celebrouse en Vedra, cerca de Santiago, o campionato provincial escolar de duatlon.

O noso colexio participou nas categorías alevín, cun equipo masculino e outro feminino, e infantil, cun neno e unha nena que xa están no instituto pero que tamén forman parte do equipo.

Tendo en conta que somos o único colexio público da provincia que participa e que os demais participantes son clubes especializados en duatlon, con mellores medios (bicicletas especiais, por exemplo) como o Triatlón Ferrol, Bricosa Santiago ou Olímpico de Vedra, podemos dicir que os resultados foron moi bos.

O equipo alevín feminino quedou primeiro, por equipos, proclamándose campión provincial. Asimesmo Sara González quedou 4ª e Sara Fernández, que quedara 3ª en Santiago, foi 5ª. María foi 8ª, pero co seu esforzo aportou o seu gran de area para poder quedar campeonas provinciais, xa que puntuan as tres integrantes do equipo.

O equipo alevín masculino (Eli, Kevin e Fabián) tivo moita mais competencia e nivel entre os participantes. Como equipo so pudieron ser 5º e como individuais Eli foi o mellor no posto 13º. Iván non puido participar por unha lesión. Despois de entrenar durante todo o curso lesionouse correndo o duatlon de Ferrol e xa non puido participar en ningún mais.

Na proba infantil tan so se partcipou en individuais. Iago en masculino e Antía en feminino foron os únicos participantes. Os postos non foron bos, xa que entraron dos últimos, pero o seu obxectivo era rematar a proba en boas condicións xa que é o primeiro ano que participan, facendoo contra rapaces e rapazas que levan 3 ou 4 anos facendoo e con mellores bicletas e estamos a falar dunha proba na que se invirten entre 19 e 28 minutos.

As probas de duatlon son bastante duras pois os alevíns deben correr 1500 metros a pé e 4000 metros en bicicleta. Os infantís corren 2250 m. a pé e 6500 m. en bicicleta.

A actividade de duatlon empezou a funcionar este curso como actividade extraescolar (dous días á semán) no mes de novembro. Pódese participar a partir de 5º ata 4º de ESO.

Ata hoxe mantéñense todos os nenos e nenas que empezaron ampliándose durante o curso con algún neno do Instituto.

O grupo está formado por 10 nenos e nenas de 10 a 14 anos e os entrenadores Roberto e Emilio. Esperamos que no curso que ven consolidemos este grupo e o ampliemos, para empezar a entrenar co inicio do mesmo e poder mellorar mais os resultados deste ano.

Animádevos a participar, pódeno facer nenos e nenas de calquer colexio ou instituto.

Como vedes gústanos quedar ben clasificados pero sobre todo que fagades deporte divertíndovos, facendo grupo e amigos porque somos un equipo e é importante o esforzo de todos, os que quedan ben e os que non quedan tan ben.

A continuación podedes ver un vídeo resumo das probas alevín e infantil. Cando as nenas alevíns recollen o trofeo non é que tiveran presa, pero é que caeu un chaparrón impresionante na entrega de trofeos e había que apurar para non mollarse. Esperemos que vos guste.