OBRADOIRO DE ARTE INFANTIL
Enviado por admin o Mér, 06/03/2024 - 11:14JULIA MARQUÉS
Hoxe tivemos o pracer de visitar cos máis pequenos do PAI e colexio unha exposición e un obradoiro da man de Julia Marqués na sala de exposicións do concello. Unha artista que vive e traballa en Barcelona pero con raíces en Vilar de Santos. Estivo explicándonos un pouco o porque dos seus traballos todos eles reflexando unha morea de emocións.
Despois tíñanos preparado un pequeno taller con diferentes materiais no que puideron reflexar o seu arte a través dunha silueta. É unha artista que ademais de paisaxes gústalle moito plasmar retratos e aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo decoramos un retrato dunha muller con diferentes materiais.
"La felicidad y la cultura son la base del progreso y la felicidad de los pueblos"
Unha mañá con Anxo Moure
Enviado por admin o Sáb, 02/03/2024 - 18:27XACIA
Din que Chantada, Pantón e O Saviñao foi o berce destes seres mitolóxicos galegos, metade mulleres metade peixe
Delas veunos falar este venres o noso querido Anxo Moure, convertido en peixe do río que nos ensinou as xacias, cómo pescar na barca, cómo coidar dos ríos… e fixemos de magos e paseamos na súa barca. Transmitiunos ese sentimento de coidado pola natureza que tan importante é, encantounos compartir a mañá con el
Gozamos moito desta marabillosa mañá os máis pequenos e os maiores
Gracias á ANPA do Ceip de Sandiás pola vosa colaboración nesta proposta :)
GRACIAS Anxo, amigo, esperamos verte pronto!!
VISITA GARDA CIVIL
Enviado por admin o Sáb, 02/03/2024 - 13:01Tivemos unha visita moi interesante...veu a Garda Civil ao noso cole. Deixaronnos montar no coche, tocar a sirena, poñer as luces, vimos un chaleco antibalas e tamén nos deron unhos consellos moi importantes de Educación Vial. Para rematar regaláronnos un carnet e unha pulsera.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o Mar, 20/02/2024 - 18:01Coñece a nosa escola dende o 15 de febreiro ata o 15 de marzo con visitas individualizadas os luns, mércores e venres de 12:30 a 13:00h.
Chámanos de luns a venres de 12:00 a 12:30h para resolver dúbidas con respecto ao proceso de admisión que será do 1 ao 20 de marzo.
+ Info:
Telf: 988-46-52-05
Correo electrónico:ceip.sandias@edu.xunta.gal
Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsandias/
ENTROIDO
Enviado por admin o Dom, 18/02/2024 - 11:46O venres participamos no Desfile Infantil de Entroido de Xinzo de Limia. Pasámolo xenial!
Queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración dun xeito ou outro; preparando @s seus fill@s, desfilando con nós, poñendo a música...
DÍA DA PAZ
Enviado por admin o Lun, 05/02/2024 - 18:46Bo día familias!!
O día 30 de xaneiro celebramos a conmemoración do Día da Paz traballando a Wangari Mathaai, unha activista africana, gañadora do Nobel da Paz pola súa gran labor nos montes de Kenia plantando milleiros de árbores.
Esta proposta encantoulle tanto aos pequenos e pequenas do centro como aos máis maiores, deixando todos plasmados os debuxos das súas árbores neste fermoso taboleiro, traballamos así a empatía e a creatividade, deixando que cada cativo e cativa fixera libremente a súa árbore.
Como proposta tamén de centro, plantamos entre todos a nosa árbore.
Gozamos moito e pasamos un día moi bonito, traballando en equipo en cotacto coa natureza que nos rodea!
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o Dom, 28/01/2024 - 18:14Coñece a nosa escola dende o 15 de febreiro ata o 15 de marzo con visitas individualizadas os luns, mércores e venres de 12:30 a 13:00h.
Chámanos de luns a venres de 12:00 a 12:30h para resolver dúbidas con respecto ao proceso de admisión que será do 1 ao 20 de marzo.
+ Info:
Telf: 988-46-52-05
Correo electrónico:ceip.sandias@edu.xunta.gal
Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsandias/
EXPOSICIÓN HÓRREOS
Enviado por admin o Mér, 24/01/2024 - 18:31Tivemos unha exposición na entrada do colexio baseada nos hórreos e tarefas de labranza pasadas. Arturo foi quen nos trouxo un montón de material sobre o tema e tamén nos explicou moitas cousas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »