DÍA DA PAZ

Bo día familias!!

 

O día 30 de xaneiro celebramos a conmemoración do Día da Paz traballando a Wangari Mathaai, unha activista africana, gañadora do Nobel da Paz pola súa gran labor nos montes de Kenia plantando milleiros de árbores.

 

 

Esta proposta encantoulle tanto aos pequenos e pequenas do centro como aos máis maiores, deixando todos plasmados os debuxos das súas árbores neste fermoso taboleiro, traballamos así a empatía e a creatividade, deixando que cada cativo e cativa fixera libremente a súa árbore.

 

 

Como proposta tamén de centro, plantamos entre todos a nosa árbore.

 

 

 

 

 

Gozamos moito e pasamos un día moi bonito, traballando en equipo en cotacto coa natureza que nos rodea!