OBRADOIRO DE ARTE INFANTIL

JULIA MARQUÉS

Hoxe tivemos o pracer de visitar cos máis pequenos do PAI e colexio unha exposición e un obradoiro da man de Julia Marqués na sala de exposicións do concello. Unha artista que vive e traballa en Barcelona pero con raíces en Vilar de Santos. Estivo explicándonos un pouco o porque dos seus traballos todos eles reflexando unha morea de emocións.

 

Despois tíñanos preparado un pequeno taller con diferentes materiais no que puideron reflexar o seu arte a través dunha silueta. É unha artista que ademais de paisaxes gústalle moito plasmar retratos e aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo decoramos un retrato dunha muller con diferentes materiais.

 

"La felicidad y la cultura son la base del progreso y la felicidad de los pueblos"