Skip to Content

Secretaría

Publicación definitiva de admisión de matrícula. Curso 2022/23

As listas definitivas están publicadas no taboleiro interior do centro. Foi admitido todo o alumnado que solicitou praza para Educación Infantil e Educación Primaria

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

 

Matrícula vindeiro curso 2022/23: LISTAXE PROVISIONAL

  • Todos os alumnos/as que presentaron as solicitudes de admisión de matricula para o vindeiro curso 2022-2023 ESTÁN ADMITIDOS na listaxe provisional.
  • As listaxes definitivas publicaranse no mes de maio.
  • O prazo para a formalización de matricula do alumnado admitido na lista definitiva (tanto de infantil como de primaria) será do 20 ao 30 de xuño. Se remata o prazo sen facer a formalización perderán a reserva de praza.

Becas comedor curso 2022/23

Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 2 ata o día 31 de marzo.

Publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor 2022/2023.  Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, na web (coruna.gal) e na sede electrónica.

COVID-19: INFORMACIÓN IMPORTANTE

Ante os cambios recentes nos protocolos a aplicar en relación á pandemia da COVID-19 compre trasladar ás familias a seguinte información:

Para dar de alta un positivo 
A familia dará parte a través de tres vías:

  1. Centro de saúde ou ben
  2. Cubrindo o formulario na páxina:  coronavirus.sergas.gal  ou 
  3. Chamando ao teléfono 881540045

 Recomendacións do Ministerio de Sanidade e Ministerio de Educación e Formación Profesional.

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA SECUNDARIA

O prazo de presentación de solicitudes para a reserva de  praza no centro adscrito IES Monte das Moas, será dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro n

Días non lectivos concedidos pola Inspección Educativa

A Inspección Educativa resolveu conceder os dous días non lectivos solicitados polo Consello Escolar.

Podedes descargar o Calendario Escolar vixente para este curso 21/22 dende o seguinte enlace:

Calendario Escolar 21/22 (en PDF)

 

Eliminación do reforzo de limpeza pola situación COVID-19.

Informamos da eliminación do reforzo de limpeza COVID dende o día 27/09/2021.

Calendario Escolar 2021-2022

Calendario Escolar 2021/2022

FELICES VACACIÓNS!

O Centro permanecerá pechado dende o día 1 de xullo.

Para calquera dúbida ou aclaración deben dirixir un correo electrónico a: ceip.sal.lence@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut