Skip to Content

EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Samaín 2020. Colaboracións

 

Xa tedes dispoñibles as fotos do Samaín enviadas ao Equipo de Dinamización de Lingua Galega, podedes botar unha ollada ao albúm no seguinte ENLACE.

 

 

Tamén, en colaboración co Equipo TIC, se fixo un pequeno vídeo dunha montaxe con todas elas, podedes velo facendo clic na seguinte imaxe:

Se tedes problema ao reproducir o vídeo podedes descargalo facendo clic dereito no seguinte enlace e seleccionando gardar o arquivo: VIDEO SAMAÍN 2020 (descarga 142MB)

Moitas grazas pola vosa participación.

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO

Bos días familias :

 

 

Este ano por mor do covid-19 imos modificar as nosas propostas para o Magosto. Traballaremos esta festividade da nosa cultura nas aulas e pedímosvos que vós nas casas fagades manualidades con castañas, colares de zonchos ( castañas cocidas con pel )...Podedes enviar fotos das vosas creacións ó correo edlinguagalega@gmail.com

 

Moitas grazas ós que vos animedes a participar e saúdos.

 

Os as titores/as e o EDLG.

 

 

 

A CASTAÑA NO OURIZO

 

QUIXO RIR E REGAÑOU,

 

CAEU DO CASTAÑO EMBAIXO,

 

MIRA TI O QUE GAÑOU!

 

Aquí tedes algúns enlaces con contos e cancións !!!

 

- Canción Magosto https://www.youtube.com/watch?v=A_c69QVgdZg

- Canción Magosto

https://www.youtube.com/watch?v=MROVeaRgT7U

- A Castaña Catarina ( conto) https://www.youtube.com/watch?v=y9ASQssh56s

- Conto A Castaña que rebentou de risa. https://www.youtube.com/watch?v=af4E7Kvbzv4

 

 

SAMAÍN 2020

SAMAÍN

 

 

Este ano por mor da situación derivada do Covid-19 as propostas para a celebración do Samaín

vense modifiucadas. Vanse realizar actividades nas aulas e ademáis propoñemos que

traballedes esta tema nas casas.

 

Podedes inventar contos de medo, poemas do Samaínmanualidades e debuxos ou coma outros

anos decorar cabazas coa familia.

 

Pedímosvos a quenes participedes con nós nestas tarefas que fagades fotos ós traballos que

fagades na casa e nolas enviedes á dirección de correo edlinguagalega@gmail.com có fin de

poder compartir as vosas creacións con nós e na web do bole para que as vexan os

compañeiros/as. Debedes facer fotos dos traballos (non dos nenos/as ) para respetar a imaxe

dos menores.

 

Grazas por colaborar. Saúdos.

 

 

O SAMAíN

 

 

Samaín é unha das datas máis importantes no calendario celta, significa “fin do verán

e comezo do inverno”.

 

Os celtas crían no alén e na conexión deste có noso mundo en datas concretas, sendo

a noite de Samaín a máis destacada.

 

Consideraban que a noite do 31 de outubro era moi perigosa porque as ánimas en

pena podían vir saldar as súas contas pendentes.

 

Por iso colocaban cabazas con candeas no seu interior… para escorrentar os

espíritos!!!

 

 

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces moi interesantes:

 

 

. A BRUXA MARUXA .CANCIÓN. https://www.youtube.com/watch?v=PZ5Bd1lSJCE&

lc=UgjlTeEIYh9H0ngCoAEC

 

. BRINCA VAI !! NO SAMAÏN. CANCIÖN.

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8

 

 

. CORRE,CORRE CABACIÑA: CONTO E CANCIÓN. https://www.youtube.com

/watch?v=Eiypr98wXWE

 

. O SAMAÍN MAMÁ CABRA. CANCIÓN. https://www.youtube.com

/watch?v=Z2QAk4sGzuM

 

. A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS. CONTO. https://www.youtube.com

/watch?v=vrZzLXwWTqw

 

 

. A BRUXA REGAÑADENTES. CONTO. https://www.youtube.com

/watch?v=PB4haxhiEAA

 

. CARABUÑAS. CONTO. https://www.youtube.com/watch?v=ececuElD_78

 

 

. VAGALUMES USAM PILHAS?

 

https://open.spotify.com/embed-podcast/episode

/7zbqbuMjemgoCkvjatmHmL?utm_campaign=coisadecrianca&

utm_source=coisadecrianca-site

 

. O NOSO SAMAÍN. http://recunchodepistacho.blogspot.com/2018/10/o-noso-

samain.html

 

 

Tamén vos deixamos a continuación unha escolma de libros de medo !!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut