Skip to Content

ACTIVIDADES PROPOSTAS

Ola familias :

Poñémonos en contacto con vós para facervos unha serie de recomendacións para que traballedes na casa cós nenos/as durante este tempo de suspensión da actividade lectiva nas escolas.

 En Educación Infantil as aprendizaxes e a organización do tempo son globalizadas por iso pretendemos darvos unhas ideas xerais do que podedes facer para que os peques continúen aprendendo e volvan á escola motivados/as.

 É importante que os nen@S fagan algunha actividade pola maña para seguir a rutina diaria.

 ACTIVIDADES PROPOSTAS:

 LECTO - ESCRITURA:

  •  REPASAR A GRAFÍA DE TODAS AS LETRAS TRABALLAS DURANTE O CURSO.
  • PODEDES FACER UN PEQUENO DICIONARIO ESCRIBINDO PALABRAS QUE CONTEÑAN O EMPECEN CON ESAS LETRAS E FACER UN DEBUXO.

  • INVENTAR FRASES CUNHA PALABRA QUE LEVE A LETRA TRABALLADA.

  • RECORTAR IMAXES DE REVISTAS O DE CATÁLOGOS DE SUPERMERCADOS E ESCRIBIR O NOME E CONTAR O NUMERO DE LETRAS

  • LER TODOS OS DÍAS NA CARTILLA DE LECTURA OU LIBROS DE CONTOS QUE TEÑADES NA CASA.

  • INVENTAR CONTOS

  • XOGAR A ADIVIÑANZAS, VEXO-VEXO...

 LÓXICA - MATEMÁTICA:

  •  OS NÚMEROS DE 1-8. TRABALLAR A GRAFÍA.
  • ASOCIAR CANTIDADE E GRAFÍA.

  • SERIES ASCENDENTES E DESCENDENTES.

 GLOBALIZADO 

  • ESTES DÍAS, NA CLASE, ESTIVEMOS TRABALLANDO O TEMA “OS ALIMENTOS” PODEDES APROVEITAR PARA TRABALLAR UNHA RECEITA TRADICIONAL NA VOSA FAMILIA QUE PASOU DE AVÓS A FILLOS E A NETOS. ESCRIBÍDEA (QUE O FAGAN ELES COA VOSA AXUDA) DE MANEIRA SINXELA (OS INGREDIENTES E O MODO DE FACELA). TAMÉN PODEN FACER UN PEQUENO DEBUXO. DESPOIS OS VOSOS FILLOS SERÁN OS QUE A EXPLIQUEN AOS COMPAÑEIROS E FAREMOS UN PEQUENO RECEITARIO “LAS RECETAS DE LA CLASE DE LA SONRISA”.

  • RECORTAR ALIMENTOS DE ORIXE ANIMAL E VEXETAL E FACER UNHA CLASIFICACIÓN.

 OUTRAS ACTIVIDADES 

  • PODEDES ACCEDER Ó XOGO EDUCATIVO “BÚHO BOO” QUE INCLÚE XOGOS PARA APRENDER Ó MANEXO DO RATO DO ORDENADOR E TAMÉN XOGOS TRADICIONAIS DE COLOREAR... 

  • É IMPORTANTE NON DESCOIDAR A MÚSICA, CANTAR E BAILAR AS CANCIÓNS DO CANTAXOGOS, MILIKI, A FAMILIA TELETABI ...

  • TAMÉN PODEDES CONSULTAR A PÁXINA https://cosasdepeques.com/ ONDE ATOPAREDES CONTOS, ADIVIÑAS, ETC

 ESPERAMOS VEROS AXIÑA

 UN SAÚDO

 Mª LUISA E CRIS

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut