Skip to Content

Naturais 5º B

Bo día:

Aínda que hoxe non é día de Naturais, vou ir adiantando un pouco algunhas partes do traballo para que poidades ir facendo cousas. Non se trata de que vos pasedes todo o día facendo tarefas, esquemas e demais traballos escritos, lembrade seguir un pequeno horario, facer descansos e non pegarvos un atracón o primeiro día.

Para o día de hoxe, vos inclúo un  adxunto sobre o aparato reprodutor, a fecundación e o embarazo. Son conceptos de repaso e algunha tarefa con debuxo. Se non podedes imprimir  para recortar e pegar,  podedes facer no caderno un debuxo aproximado (ao igual que xa fixéchedes algúns). Tamén están indicadas as tarefas da páxina 52 e 53.

A maiores vos propoño unha pequena actividade para afondar no tema do embarazo e na Música. Por favor, lédeo e tratade de facelo con calma e  falando coa xente da casa, seguro que vos fai pasar un bo rato e descubrides cousas novas.

Un saudiño.

Irene

AdxuntoTamaño
Naturais 5º B - repaso 1.pdf137.76 KB
PROCURO SOBRE A MIÑA ORIXE.pdf132.28 KB


page | by Dr. Radut