Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024
No DOG do venres 19 de maio publícase a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso.
PRAZOS e DATAS DE INTERESE:
-
23 de xuño: Publicación das listaxes provisionais.
-
26 e 27 de xuño: Prazo de reclamación ás listaxes provisionais.
-
28 de xuño: Publicación das listaxes definitivas no taboleiro interior do centro.
Poderán consultarse por vía electrónica empregando a aplicación informática "Fondo libros" https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
-
Entrega de vales: 3, 4 e 5 de xullo en horario de 10.00 a 12.00 na secretaría do Centro. No mes de setembro serán entregados na conserxería.
-
Entrega de libros do fondo solidario: No mes de setembro o titor/a fará entrega dos libros adxudicados polo fondo.