Instruccións inicio curso 2020/21
Bos días familias, a continuación paso a contarvos as novidades Covid-19 cas que imos iniciar o curso 2020/2021, e que debido que non están permitidas as reunións de máis de 10 persoas, o temos que facer a través da web do colexio.
1º de todo, desexar que vos encontredes ben de saúde, nós iniciamos o curso con moita ilusión e con gañas e ver de novo aos nos@s pequen@s.
_O grupo de 6º de infantil por ter unha ratio superior aos 25 alumnos, permitidos pola Consellería de Educación, o grupo desdóblase en 2 unidades:
- Grupo A; nen@s que van a comedor
-Grupo B; nen@s que non van ó comedor
Para iso contamos cunha mestra nova, Belén, mestra dos nen@s que van ó comedor e que permanecerán na aula.
Os nen@s que non van a comedor terán a súa aula na biblioteca e Eu, Maite, serei a súa mestra.
ENTRADAS
Entraremos pola rúa Boavista, o portalón, zona dereita, ás 9.00 horas.
Ó entrar no patio os nen@s colocaranse nun punto marcado no chan que permiten gardar a distancia de seguridade entre cada un d@s nen@s. unha vez colocado cada nen@ no seu punto entraremos pola porta da biblioteca.
As familias non poden acceder ao recinto escolar.
SAÍDAS
Os nen@s que non van a comedor sairán pola mesma porta e polo mesmo lado dereito ás 13,45 horas. Os nen@s de comedor serán recollidos na aula ás 13,15h.
PUNTUALIDADE MÁXIMA tanto nas entradas como nas saídas, dado que por esa mesma porta e ese mesmo lado entrarán e sairán outros cursos de primaria con 5 minutos de diferencia e queremos evitar aglomeracións.
Pedimos que na entrada e na saída manteñades cos nen@s a distancia cas outras familias.
MASCARILLAS
Non é obrigartorio ata 1º de primaria, pero nós, o equipo de infantil, consideramos que é moi moi recomendable o seu uso, para iso precisan traer un estuche cunha mascarilla de reposto, co nome posto no estuche.
XEL HIDROALCÓLICO
Cada neno traerá na súa mochila un bote de xel hidroalcólico para seu uso persoal.
5 veces na mañá: - ó entrar na aula
-
antes de saír ó recreo
-
á volta do recreo
-
despois da merenda
-
antes, ou de marchar ó comedor ou marchar para casa.
-
E sempre que as circunstancias o requiran.
Na clase non poden tocar nin as manillas das portas, nin as ventás nin os interruptores da luz. (recordádello na casa)
BAÑO
Estableceranse horarios para ir ó baño, xa que non poden coincidir no baño máis dun nen@.
MOCHILA
Na mochila traerán todos os días (dado que non poden compartir):
- merenda (segundo o calendario establecido anos anteriores)
- unha botella de auga
- panos de papel
- xel hodroalcólico
- mascarilla de reposto nun estuche.
PSICOMOTRICIDADE
No comezarán ata o mes de outubro, xa avisaremos o día que correspoderá a cada clase para que veñan en chándal e tenis.
MANDILÓN
O mandilón como ata agora, traelo e levalo todos os días.
AULA
Dentro de cada aula haberá subgrupos de máximo 5 nen@s, respetando as normas establecidas no protocolo Covid.
PATIO
Cada clase ten unha zona asignada no patio, para que non se mezclen cas outras clases, incluidos os 2 grupos de 5 anos, os nen@s no patio non se xuntarán cos doutra clase.
TITORÍAS
Seguirán sendo os luns de 16:00-17:00 horas telefonicamente, previa petición cita, a través da aplicación abalar móvil.
MATERIAL
Cada nen@ traerá o material pedido o 1º día de clase.
Como imos seguir traballando en lectoescritura “Letras de colores”, no momento en que acabemos o cadernillo nº 3 iremos pedindo os seguintes cadernillos, 4, 5 e 6.
Non compredes ningún ata que vos indiquemos.
IMPORTANTE
Para incidencias Covid, deberedes chamar a este número de tf. 881880822
Recordamos ás familias que ante calquera dúbida de sintomatoxía non manden ós nenos ó colexio, e deberán chamar ao número anteriormente citado.
-
Febre a partir de 37,5
-
Tose seca
-
Dificultade respiratoria
-
Outros síntomas compatibles coa Covid-19.
Un saúdo, titoras de 6º de E.I.