Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro luns 18 de novembro de 2024 en horario de 16:00 a 18:00h no hall da secretaria,  terán lugar as votacións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro no sector de pais, nais ou titores legais. 

Toda a información no documento adxunto.

 

DIAS NON LECTIVOS

O pasado mes de abril a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a Orde do calendario escolar para o curso 2024/2025 (ORDE do 12 de abril de 2024, DOG do 23 de abril de 2024)

Nesta Orde establécese a duración do curso escolar, os períodos de vacacións escolares e a declaración de días non lectivos (Artigo 7), que serán as festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local,  e declárase o 31 de outubro como Día do Ensino.


Ademais o Consello Escolar aprobou solicitar como día non lectivos o 4 de Novembro de 2024, que foi autorizado o pasado 20 de outubro pola Dirección Territorial da Consellería de Educación.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA SECTOR PAIS, NAIS O TITORES LEGAIS

 

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG do 18 de setembro) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, conforme ás normas recollidas no arquivo adxunto.

 

Pódese enviar a candidatura ao correo electrónico do centro: ceip.salgado.torres@edu.xunta.gal, empregando a papeleta do adxunto ata o día 08 de novembro de 2024 ás 1400h.

 

Procédese a apertura do prazo de reclamación á proclamación de candidaturas os días 12 e 13 de novembro na secretaría do centro ante a presidenta da Xunta electoral.

As condidaturas están expostas no taboleiro de anuncios do centro educativo.

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

ELECCIÓNS

CONSELLO ESCOLAR

 

 

 

Este curso 2024-25, os centros sostidos con fondos públicos deben convocar eleccións para renovar parcialmente os membros do Consello Escolar.

Toda a información relacionada co proceso pódese consultar no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240918/AnuncioG0761-110924-0004_gl.pdf

 

O venres 18 de outubro ás 12:00h realizarase o sorteo público na secretaría do centro para a designción dos membros da Xunta Electoral.

 

Estará integrada polo directora ou director do centro, un profesor ou profesora, un pai ou naio ou titor legar, un representante dos PAS; designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designaicón de membros suplentes.

Artigo 30 do Decreto 92/1998 ( conforme ao estalecido nas disposicións adicionais).

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos centros educativos

 


Eleccións PDI 2024-2025

 

imagen al video

 Cada ano o noso centro educativo selecciona un tema central para a PDI. Este curso, como novidade, imos a organizar a través dun proceso democrático e participativo, un sistema de votacións, no que cada neno e nena do centro ten voz e voto. Este curso os dous temas candidatos son Grandes Construcións e Vida Saudable

O proceso segue os seguintes pasos:

Propostas de temas Durante o curso o equipo docente propón diferentes temas baseados nos intereses do alumnado e as necesidades educativas do centro Este ano chegamos ás dúas opcións finais

Debates en aula Antes da votación nas aulas organízanse pequenos debates para que o alumnado coñeza mellor os dous temas e poida opinar sobre cal lles gustaría traballar Durante estas sesións discutimos as vantaxes de cada tema e como poderían aplicarse en proxectos ou actividades

Votación A votación é aberta a todo o alumnado. Cada persoa emite o seu voto de maneira individual e confidencial elixindo entre os dous temas propostos

Reconto e anuncio do resultado Unha vez finalizada a votación realízase o reconto dos votos O tema que reciba máis votos será o elixido como o tema da PDI do centro para o curso escolar Posteriormente o resultado será anunciado de maneira oficial para que toda a comunidade educativa poida comezar a preparar as actividades e proxectos en torno ao tema seleccionado

Este sistema permítenos implicar a toda a comunidade no proceso de toma de decisións fomentando a participación e o compromiso co proxecto educativo do centro

Calendario actividades extraescolares

Calendario de actividades extraescolares

calendario extraescolares 

Material Escolar Curso 24/25

Listado Material Escolar 24/25

 
 arquivo pdf primeiro

Material 1º Educación Primaria

arquivo pdf primeiro

Material 2º Educación Primaria

arquivo pdf primeiro

Material 3º Educación Primaria

arquivo pdf primeiro

Material 4º Educación Primaria

arquivo pdf primeiro

Material 5º Educación Primaria

arquivo pdf primeiro

Material 6º Educación Primaria

 

Roteiros na Coruña

Estes son os roteiros elaborados polo alumnado ao longo do curso para o PDI deste curso: "Roteiros da Coruña". Esperamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut