Skip to Content

Eleccións PDI 2024-2025

 

imagen al video

 Cada ano o noso centro educativo selecciona un tema central para a PDI. Este curso, como novidade, imos a organizar a través dun proceso democrático e participativo, un sistema de votacións, no que cada neno e nena do centro ten voz e voto. Este curso os dous temas candidatos son Grandes Construcións e Vida Saudable

O proceso segue os seguintes pasos:

Propostas de temas Durante o curso o equipo docente propón diferentes temas baseados nos intereses do alumnado e as necesidades educativas do centro Este ano chegamos ás dúas opcións finais

Debates en aula Antes da votación nas aulas organízanse pequenos debates para que o alumnado coñeza mellor os dous temas e poida opinar sobre cal lles gustaría traballar Durante estas sesións discutimos as vantaxes de cada tema e como poderían aplicarse en proxectos ou actividades

Votación A votación é aberta a todo o alumnado. Cada persoa emite o seu voto de maneira individual e confidencial elixindo entre os dous temas propostos

Reconto e anuncio do resultado Unha vez finalizada a votación realízase o reconto dos votos O tema que reciba máis votos será o elixido como o tema da PDI do centro para o curso escolar Posteriormente o resultado será anunciado de maneira oficial para que toda a comunidade educativa poida comezar a preparar as actividades e proxectos en torno ao tema seleccionado

Este sistema permítenos implicar a toda a comunidade no proceso de toma de decisións fomentando a participación e o compromiso co proxecto educativo do centro



page | by Dr. Radut