Días atrás deixamos o mes de febreiro, non sen antes celebrar o día de Rosalía: poeta, galega, nai e sobre todo, grande muller que soubo defender a loita das mulleres a través dos seus escritos. As fiestras serviron de lenzo sobre o que plasmar os seus anceios.
De hoxe nun ano aquí nos terás, Rosalía, lembrando a túa persoa, os teus escritos e o que implicas para os galegos e, sobre todo, galegas.
Deixamos febreiro, o teu mes.