Os xogadores Christian Díaz e Alec Brown e o adestrador axudante Pablo Abuín estiveron no noso centro.
Un auditorio cheo e con ducias de mans erguidas para facer preguntas aos xogadores, recibiu aos celestes, que micrófono en man, responderon cada dúbida e descubriron que entre os alumnos e mestres hai moitos habituais na grada do pazo.
Tras unha charla na que se falou, entre outros temas, da importancia do adestramento e traballo diario ou dos inicios dos xogadores no mundo do deporte, os visitantes asinaron autógrafos aos nenos e nenas que o solicitaron e remataron a visita percorrendo as aulas de educación infantil para estar cos máis cativos.
AÚPA BREO!!!
Podedes ver as fotos no seguinte enlace:
https://drive.google.com/drive/folders/1Gwb-G_smPak7zCRWG2ZFggASocnvQ_zO?usp=sharing