24 de febreiro. Día de Rosalía
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
#RosaliaTe
Estas son as actividades propostas pola AELG para os centros de ensino:
Educación Infantil e Primaria
Para estas etapas de ensino o lema da proposta #RosalíaTe pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Esta “transformación” tamén pode conseguirse cun traballo de caracterización física da cara.
Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.
A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
Agradecemos que nos comuniquedes (oficina@aelg.org) a vosa intención de participar desta iniciativa, para a facer constar na nosa web e colaborarmos así na súa difusión. Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos noticia doutras actividades que organicedes, así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual...) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.
O EDLG e o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades:
KAMISHIBAI sobre a vida e obra de Rosalía.
Fonte: Texto: HELENA VILLAR JANEIRO
Ilustración: ÁNXELES FERRER
Colección: TRES PITAS BRANCAS
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
Voces de YAINADARA e DIEGO de sexto.
Fai CLIK no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/0B4pCES6YHWsCTmo1Y3NaSUhjckk/view?usp=sharing