Skip to Content

Eleccións

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (III)

Con data 5 de novembro de 2018 queda constituída a Xunta electoral para a renovación do Consello Escolar da seguinte forma:

  • Presidenta: María Jesús Pérez Pérez.
  • Representante profesorado: Manoel Iago Vázquez Rodríguez.
  • Representante familias: Randy Hernández González.
  • Representante persoal non docente: Ana María García Darriba

 

A Xunta electoral estableceu o calendario electoral coas datas que poden verse pinchando aquí.

 

Hoxe, 6 de novembro, saíu a circular coa convocatoria do sector familias.

 

 

Animádevos a participar e presentar as vosas candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar. Lembrade que o prazo de presentación das mesmas é dende o 7 ata o 16 de novembro (ambos incluídos).

Podedes descargar aquí o modelo de presentación de candidaturas.

 

 

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (II)

No CEIP de Roxos, sendo ás 09:45 horas do día 30 de outubro de 2018, procédese a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral, segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 08 de outubro de 2018).

A directora do centro será a presidenta da Xunta e velará polo proceso de renovación parcial do Consello Escolar do Centro.

 

Unha vez realizado o sorteo público saen elixidos:

 

SECTOR PAIS E NAIS:

  1. Don (titular): Randy Hernández González.
  2. Don (suplente): Román Alberto Vidal Moreiras.

 

SECTOR PROFESORADO:

  1. Don (titular): Manoel Iago Vázquez Rodríguez.
  2. Dona (suplente): Sonia María Pérez Fernández.

 

SECTOR ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

  1. Dona (titular): Ana María García Darriba.
  2. Don/a (suplente): non temos.

 

Actúan como testemuñas do sorteo: Rubén Sánchez Cornes, María Susana Alonso Costas, Ana María Carballeira Maceiras e María Pilar Rodríguez Piñeiro.

 

Procédese ao envio das citacións para a constitución da Xunta Electoral (Data de constitución: luns, 5 de novembro de 2018)

Renovación parcial Consello Escolar 2018

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, durante o mes de novembro realizarase o proceso de renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR do centro, que é o órgano de goberno e participación con representantes de toda a comunidade educativa.

 Para elo é preciso, inicialmente, crear a Xunta electoral da que forman parte :

  • A directora do centro.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai, nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo será público e celebraráse o próximo martes, 30 de outubro, ás 09:45h. na biblioteca do centro. Tamén se designarán os/as suplentes.

No taboleiro do centro están expostos os listados de pais, nais e titores/as legais que entrarán no sorteo da Xunta Electoral. Se atoparan algún erro, rogamos o comuniquen na dirección.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut