Con data 5 de novembro de 2018 queda constituída a Xunta electoral para a renovación do Consello Escolar da seguinte forma:
- Presidenta: María Jesús Pérez Pérez.
- Representante profesorado: Manoel Iago Vázquez Rodríguez.
- Representante familias: Randy Hernández González.
- Representante persoal non docente: Ana María García Darriba
A Xunta electoral estableceu o calendario electoral coas datas que poden verse pinchando aquí.
Hoxe, 6 de novembro, saíu a circular coa convocatoria do sector familias.
Animádevos a participar e presentar as vosas candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar. Lembrade que o prazo de presentación das mesmas é dende o 7 ata o 16 de novembro (ambos incluídos).
Podedes descargar aquí o modelo de presentación de candidaturas.