Skip to Content

Renovación parcial Consello Escolar 2018

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, durante o mes de novembro realizarase o proceso de renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR do centro, que é o órgano de goberno e participación con representantes de toda a comunidade educativa.

 Para elo é preciso, inicialmente, crear a Xunta electoral da que forman parte :

  • A directora do centro.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai, nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo será público e celebraráse o próximo martes, 30 de outubro, ás 09:45h. na biblioteca do centro. Tamén se designarán os/as suplentes.

No taboleiro do centro están expostos os listados de pais, nais e titores/as legais que entrarán no sorteo da Xunta Electoral. Se atoparan algún erro, rogamos o comuniquen na dirección.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.



story | by Dr. Radut