O día 12 de novembro publicouse no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 DOG pola que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros docentes públicos e en Centros Privados Concertados no curso 2021/2022.
-
Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
-
Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra
algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Para facer o cálculo da renda per cápita collerase a renda do 2019, sumarase o recadro 435 (base impoñible) máis o recadro 460 (base impoñible de aforro) e o resultado da suma divídese entre o número de membros da unidade familiar.
SOLICITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)
•Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
•Prazo: Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 denovembro de 2021.
O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto.
Para máis información poden poñerse en contacto co centro.
Grazas
Un saúdo