Skip to Content

Procedemento de distribución de máscaras

O día 12 de novembro publicouse no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 DOG pola que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros docentes públicos e en Centros Privados Concertados no curso 2021/2022.

  1. Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

  1. Ten que presentar solicitude:
    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra
    algunha das seguintes condicións:
    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    Alumnado matriculado en educación especial.
    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para facer o cálculo da renda per cápita collerase a renda do 2019, sumarase o recadro 435 (base impoñible) máis o recadro 460 (base impoñible de aforro) e o resultado da suma divídese entre o número de membros da unidade familiar.

SOLICITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
•Prazo:  Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 denovembro de 2021. 

O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto.

Para máis información poden poñerse en contacto co centro.

Grazas

Un saúdo



blog | by Dr. Radut