Skip to Content

AVISO

 

IMPORTANTE:

  • Os primeiros días o alumnado só deberá traer o material imprescindible: mochila, estoxo, un caderno e a merenda.

  • O alumnado traerá unha bolsiña que poidan colgar para meter a máscara usada nos momentos que precisen sacala. Ademáis deben traer unha de reposto.

  • É importante que o alumnado traia auga en cantimplora ou botella para evitar que beban nas billas dos aseos.

  • O alumnado neste curso 2021/2022 permanece co mesmo grupo de compañeiros e compañeiras do curso anterior.

  • O listado de material será entregado ao alumnado nos primeiros días polos respectivos titores/as.

  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria beneficiario do FondoLibros, levará o impreso para asinar polas familias nos primeiros días. Unha vez devolto á/ao titora/titor correspondente, se lles entregará os libros de texto.

  • A entrada/saída farase de forma escalonada respectando en todo momento as normas de seguridade polo que, pregamos colaboración e calma por parte das familias.

  • Prégase as familias respecten as zonas de aparcamento e colaboren facilitando a fluidez de circulación co fin de evitar aglomeracións nas entradas e saídas. É importante non vir con presa.



blog | by Dr. Radut