ENTRADAS
EDUCACIÓN INFANTIL:
Abriranse as portas ás 8:45h e o alumnado irá entrando escalonadamente as súas aulas, segundo vaia chegando ao centro. As portas pecharanse ás 9:00.
Un proxenitor poderá acompañar ao alumnado ata a porta de entrada
Non se poden facer xuntanzas e pedimos que as familias non se queden nos portalóns ,nas beirarrúas nin no parque infantil.
- 4º Ed. Infantil: Porta da súa aula
- 5º Ed. Infantil: Porta da súa aula
- 6º Ed. Infantil : Porta Rosalía 2 (onde esta a caseta)
EDUCACIÓN PRIMARIA:
Abriranse as portas ás 8:45h e o alumnado irá entrando escalonadamente, segundo vaia chegando ao centro. Haberá un profesor de garda en cada entrada ,botando hidroxel e dando paso aos alumnos/as que subirán directamente ás súas aulas, sen facer fila, onde os estará esperando o titor/a. Os proxenitores non poden acceder ao recinto escolar.
- 1º e 2º curso: Porta Conchases 1
- 3º e 4º curso: Porta Conchases 2
- 5º e 6º curso: Porta Rosalía 1
Non se poden facer xuntanzas e pedimos que as familias non se queden nos portalóns ou nas beirarrúas.
SAÍDAS:
EDUCACIÓN INFANTIL:
- 4º de E.Infantil (3anos): 13:50h.
- 5º de E.Infantil: 14:00h.
- 6º de E.Infantil: 13:50h
O alumnado sairá polas portas da súa aula. No momento de recoller aos nenos/as farase unha saída inmediata do centro, para evitar aglomeracións.
EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 2º , 4º e 6º curso : 14:00h.
- 1º, 3º e 5º curso: 13:50h.
O alumnado sairá pola porta que entraron. No momento de recoller aos nenos/as farase unha saída inmediata do centro, para evitar aglomeracións (só entraran no recinto escolar os pais/nais de 1º e 2º curso)