Artigos
Recollida de lixo pola nosa contorna
Primeira saída do trimestre!
Hoxe os máis pequenos de Primaria realizaron unha saída pola nosa contorna e foron ata a praia a recoller lixo. Traballaron ben duro e como premio, ata tiveron tempo para ir xogar ao parque. Bo traballos, peques!
Almorzos saudábeis
O pasado 19 e 29 de xaneiro tivemos unha actividade sobre os almorzos saudábeis impartida polos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego do concello de Vilagarcía. Aprendimos a importancia de almorzar ben e, sobre todo, de comer moita froita e non abusar da bollería e os doces. Aquí van algunhas fotos da actividade............
|
Saída a actividade do ciclo do pan
A principios de novembro participamos nunha actividade sobre a elaboración de masa para facer pan a partir das mazorcas de millo. En casa de Martín, a súa nai tiña todo preparado para debulla-lo millo, moelo, amasar, e finalmente fritir para facer unhas boliñas de masa de pan de millo que comemos sen deixar frangullas. Aquí van algunas fotos da actividade ........ (Picar na imaxe)
|
Samaín 2016
Como anos anteriores celebramos no colexio a festa do Samaín adornando a clase, disfrazándonos e comendo osos de santo. Eí van algunas fotos desta actividade nas aulas de 1º nivel:
|