O pasado venres 3 de marzo, grazas á implicación de toda a Comunidade escolar do Ría, tivemos oportunidade de sentirnos, colectivamente, un colexio solidario, comprometido e que, cando a situación o require, ahí estamos todas e todos para tender a man a quen necesita e o require.
Grazas polos 1.057 euros recadados (xa ingresados na Fundación Unoentrecienmil). Grazas ao alumnado, profesorado, familias e  ANPA por embarcarse dende un primeiro momento neste proxecto, á Comunidade de Montes polo seu apoiio incondicional ante calquera proposta que lle presentamos, a Discamino por ser a punta da nosa marcha, á Froitería Manzanó por ofrecernos unha merenda tan sá, á Concellería de Patrimonio Historico por abrirnos as portas da Vila Romana, á Concellería de Deportes e Alcaldía de Vigo por acompañarnos, a Luis Estevez por deixarnos ver dende as alturas, aos conductores que nos animaban coas súas bocinas, á veciñanza que nos acompañou na nosa chegada á meta...- e sobre todo, GRAZAS a Marcos, Joel e a Mara, por que, grazas a eles, aprendemos tódolos días a camiñar cara adiante cun amplo sorriso na boca facéndolle fronte a palabras tan ferintes como leucemia ou cancro. Un día para non esquecer!!!

                                                    

E chegou o día para participar na Carreira contra a Leucemia infantil "Unoentrecienmil". Foi todo un éxito!

 

 

 

Queremos agradecer a todas as familias, o ANPA,á Comunidade de Montes, a DISCAMINO, a MANZANO,  ao Concelleiro de deportes e ao noso Alcalde por acompañarnos e apoiarnos nesta iniciativa tan solidaria e importante para todos nós.


 O vindeiro venres 3 de febreiro, a comunidade escolar do CEIP Ría de Vigo imos participar na carreira solidaria "VueltaAlColeUnoentrecienmil" para colaborar contra a leucemia infantil
   A carreira vai a ser unha marcha na que a saída (ás 10:45 apróx.) será dende a rotonda de Mide, en Ricardo Mella, baixaremos pola Rúa Carlos Blanco Yáñez, Rúa Olimpia Valencia e Rúa Arquitecto Gómez Román e remataremos a marcha na Praia de Canido, entre ás 11:45/12:00. unha vez que cheguemos a ela, queremos organizar a merenda do alumnado na parte traseira das instalacións da Vila Romana de Toralla. Antes da merenda faremos unha pequena homenaxe a Mara, pero dixo xa falaremos no sitio.
Subiremos tod@s xunt@s outra vez para o cole sobre ás 13.

   Organizado conxuntamente  ANPA e CEIP Pl. Ría de Vigo. Está convidada a Comunidade de montes, Discamino, que sairá con nós dende a rotonda. Colaboran coa froita da merenda a  froitería da nosa zona, Manzano. O arco de meta o deixará o Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral para o deporte (Xuntade Galicia)

 

 

Para comezar a celebración do Dia da Paz, o alumnado de 5º curso compartiu con todas as aulas do cole a representación de "A bomba e xeneral", unha clara chamada pacifista en contra das guerras.

Como acto central, todo o alumnado e profesorado do colexio construídos unha enorme paz cos nosos corpos e alumeado polas luces do faro do noso Ría para acabar compartindo apertas e bicos seguindo a música de "O xogo da carrasquiña".

Finalmente, como actividade de maior carga emotiva, o alumnado de 5º e 6º cursos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as consecuencias que conleva as guerras. To isto grazas a información aportada por Ruslana Myzenko, estudante ucraína acollida por parte dunha familia do colexio á que quixemos transmitir a nosa solidariedade e a nosa aposta pola PAZ.

 

 

Distribuir contido