O alumnado de 2º, xunto cun grupo de profesorado, participamos no programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!".
A nosa profe tróuxonos o conto "RATO TOM E RATA TOMASA" e a continuación:
- Lémolo, dramatizámolo, fixemos debuxos...
- Elaboramos todo o material necesario para poder recrear os personaxes e os escenarios.
- Gravamos as voces correspondentes á narración e aos diálogos.
- Coa axuda dun programa informático démoslle vida aos personaxes e o resultado foi a seguinte curta de animación.
Canto gozamos con este proxecto!